É sabido o meu
interese polos temas ferroviarios de Galicia, como o acreditan as moitas
entradas deste Blog sobre a citada materia.
A mellora dos
servizos tamén me leva nos últimos tempos a utilizar con maior frecuencia este
medio de transporte nas miñas viaxes, especialmente desde Ourense cara a Madrid,
e cara a Santiago.
Con todo non adoito
utilizar os servizos ferroviarios do Eixo Atlántico por razóns de ter o meu domicilio en Ourense, pero as
circunstancias deste fin de semana leváronme a viaxar desde Vigo a Santiago
para asistir á entrega das Medallas de Galicia.
Foi en concreto o
pasado domingo 24 de xullo. Tomei na estación de Vigo-Urzaiz o tren das 11,15
que presentaba unha boa ocupación. Ás 11,29 horas, é dicir tan só catorce
minutos despois o convoi detíñase na estación de Pontevedra.
Dous minutos
despois deixamos a cidade do Lérez e ás 11,46 chegabamos a seguinte parada en
Vilagarcía de Arousa.
En pouco máis dun
minuto renovabamos a viaxe que nos levou a cruzar en Catoira o espectacular
viaduto sobre o Río Ulla que é sen dúbida a principal e máis espectacular
estrutura do Eixo Atlántico (1.620 m de lonxitude , que ostenta un récord
mundial de luz anchura entre alicerces para pontes ferroviarias metálicos, cos
seus 240 m) e que contou cun investimento total de 117,5 millóns de euros.
Un viaduto que
salva o citado río preto da súa desembocadura e que tiven a oportunidade de
visitar en febreiro de 2015 con ocasión das previas e necesarias probas de
carga.
Continuamos logo
por Padrón ata chegar ás 12,07 a Santiago de Compostela. Unha viaxe na que
cubrimos o 93,9 km de lonxitude de distancia entre Vigo e a capital de
Galicia (deles 39,7 km de túneles e 12,2 km en viadutos) en
tan só 52 minutos.
Sinalar que todo o
trazado do Eixo Atlántico entre Vigo e Coruña de 155,6 km de
lonxitude total, está xá en servicio comercial desde o 18 de abril de 2015.
E resaltar que
desde aquela data, ata o 30 de xuño de 2016 alcanzou a cifra de 3.660.000
viaxeiros.
Unhas cifras que
acreditan o acerto dese necesario investimento. E é que cando os cidadáns
reciben ofertas ferroviarias de calidade, con importantes aforros de tempos de
viaxe, aumento de confort e prezos competitivos utilizan os trens en lugar de
desprazarse por estrada.
Agora trátase de
seguir mellorando - por exemplo na implantación do sistema europeo de xestión do tráfico ERTMS, e máis adiante, na última fase prevista que será a de adaptación de todo o Eixo ao ancho UIC - e de avanzar na planificación para completar este
Eixo que foi concebido para discorrer de norte a sur
polo litoral atlántico entre Ferrol e a fronteira portuguesa ao longo de 241
kilómetros, comunicando cinco das sete maiores ciudades gallegas.
Considero tamén de xustiza facer un recoñecemento ao bo facer do persoal de ADIF que mantén á infraestrutura e da operadora RENFE que xestiona o Servizo Público en Galicia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta