Esta mañá, a deputada electa por Pontevedra, Ana Pastor foi proclamada presidenta do Congreso dos Deputados da XII Lexislatura. O resto dos membros da Mesa son Ignacio Prendes, de Cidadáns; Micaela Navarro, do PSOE; Rosa Romeu; do PP; e Gloria Elizo, de Unidos Podemos, como vicepresidentes; e de Alicia Sánchez-Camacho (PP); Juan Luís Gordo; Marcelo Expósito (En Comú) e Patricia Reyes (C'S), como secretarios.
A Sesión comezou ás 10:00 horas presidida por unha Mesa de Idade formada por María Teresa de Lara, deputada do Partido Popular por Madrid, e as dúas deputadas máis novas, María Such, do PSOE por Valencia, e Nagua Alba, de Podemos por Guipúscoa, como secretarias
Unha vez aberta a sesión e lido o decreto de convocatoria e a lista de deputados electos, iniciouse a elección da Mesa do Congreso, formada polo presidente, catro vicepresidentes e catro secretarios. A votación foi secreta por papeleta, de modo que cada deputado escribiu un nome.
En primeira votación requiríase maioría absoluta, 176 votos, para ser elixido presidente, e se ningún parlamentario tenia estes votos, realizábase unha segunda votación entre os dous deputados que obtiveron maior número de votos, e era elixido presidente o que teña máis votos.
O resultado da primeira votación fué: 169 votos para Ana Pastor, do Partido Popular; 85 votos para Patxi López, do PSOE, 71 votos para Xavier Domènech, de Unidos Podemos- En Comú Podem, 8 votos para Francecs Homs, de CDC, e 17 votos en branco.
Na segunda votación, entre os dous candidatos con maior número de votos, elixiuse presidenta do Congreso dos Deputados a Ana Pastor, co apoio de 169 deputados, fronte aos 155 de Patxi López. 25 deputados votaron en branco.
A elección dos catro vicepresidentes realizouse cunha única votación, na que cada deputado escribía un nome e resultaban elixidos, por orde, os que máis votos tivesen. O resultado foi o seguinte do primeiro ao cuarto: Ignacio Prendes do Grupo Parlamentario Cidadáns, con 96 votos a favor; Micaela Navarro do Grupo Parlamentario Socialista, con 85 votos; Rosa Romeu do Grupo Parlamentario Popular, con 83 votos e Gloria Elizo do Grupo Parlamentario Podemos, con 71 votos a favor.
Os secretarios da Mesa do Congreso para a XII Lexislatura, elixidos do mesmo xeito que os secretarios son, do primeiro ao cuarto: Alicia Sánchez-Camacho, con 111 votos a favor; Juan Luís Gordo, con 85 votos; Marcelo Expósito, con 70 votos e Patricia Reyes, con 57 votos a favor.
Toma de posesión
Xurando o cargo |
Ao acatar a Constitución os deputados cumpríamos o terceiro dos requisitos establecidos pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) e no Regulamento do Congreso. Previamente tiveron que presentar a credencial expedida pola Xunta Electoral correspondente e a declaración de actividades.
A presidenta declarou entón constituído o Congreso e levantou a sesión. Pastor comunicou a constitución da Cámara ao Senado, ao Goberno en funcións e ao Rey, Felipe VI, con quen se reúne mañá para que inicie a rolda de conversacións da fin de propoñer candidato para a investidura como presidente do Goberno.
Rematada a sesión, os deputados galegos do PP de G fixemos unha foto coa nova presidenta, Ana Pastor.
Rematada a sesión, os deputados galegos do PP de G fixemos unha foto coa nova presidenta, Ana Pastor.
http://www.congreso.es/wc/htdocs/web/jsp/canalParlamento/reproductorDirectoAkamai/player_diferidomp4.jsp?codSesion=1&codOrgano=400&mp4=mp4&directo=s&fechaSesion=19%20de%20Julio%20de%202016&idLegislaturaElegida=12
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es