jueves, 28 de julio de 2016

EPA II T 2016: Nos doce últimos meses o Emprego creceu en 434.400 persoas

Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao segundo trimestre de 2016. Estes son os principais datos:

ESPAÑA

Ocupados:

O número de ocupados increméntase en 271.400 persoas no segundo trimestre de 2016 respecto ao trimestre anterior (un 1,51%) e sitúase en 18.301.000. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do 0,29%. O emprego creceu en 434.400 persoas nos 12 últimos meses. A taxa anual é do 2,43%.

A ocupación baixa este trimestre en 23.200 persoas no sector público e aumenta en 294.600 no privado. Nos 12 últimos meses o emprego aumentou en 395.700 persoas no sector privado e en 38.700 no público.

O total de asalariados aumenta este segundo trimestre en 252.700 (425.500 respecto ao ano anterior), dos que 86.400 teñen contrato indefinido e 166.300 son temporais. En variación anual, o emprego indefinido incrementouse en 223.300 persoas e o temporal en 202.200. O número de traballadores por conta propia sobe en 15.700 este trimestre, mentres que nos 12 últimos meses creceu en 6.800.

A ocupación aumenta este trimestre nos Servizos (227.300 máis), na Construción (45.600) e na Industria (15.700), e descende na Agricultura (17.200 menos). No último ano o emprego subiu nos Servizos (439.100 ocupados máis) e na Agricultura (19.800), mentres que baixou na Construción (15.700 ocupados menos) e na Industria (8.800).

Por comunidades autónomas, os maiores incrementos de ocupados este trimestre danse en Illes Balears (56.000 ocupados máis), Cataluña (53.700) e Región de Murcia (28.400). O número de ocupados descende en Canarias (11.900 ocupados menos) e Comunidade Foral de Navarra (4.200). No último ano todas as comunidades incrementan a súa ocupación, salvo Comunidade Foral de Navarra. Os maiores aumentos obsérvanse en Cataluña (106.200) e Comunitat Valenciana (52.500).

Parados:

 - O número de parados baixa este trimestre en 216.700 persoas (- 4,52%) e sitúase en 4.574.700. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 574.300 persoas (-11,15%).

- A taxa de paro sitúase no 20,00%, o que supón un punto menos que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 2,37 puntos.

 - Por comunidades, as maiores baixadas do paro este trimestre danse en Cataluña (56.400 parados menos), Illes Balears (28.900) e Andalucía (28.100). En termos anuais, as maiores reducións prodúcense Cataluña (122.500 menos), Andalucía (99.400) e Comunidad de Madrid (53.200).

- O número de activos aumenta este trimestre en 54.600, ata 22.875.700. A taxa de actividade sobe 12 centésimas e sitúase no 59,41%. No último ano a poboación activa ha descendido en 139.900 persoas.

GALICIA

Activos: No segundo trimestre de 2016 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.349.500 persoas, das cales 1.256.900 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,5%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos aumenta en 7.900 persoas e a taxa de actividade catro décimas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2015, o número de activos diminúe en 5.500 persoas e a taxa de actividade mantense igual.

Ocupados: A ocupación aumenta en 12.900 persoas no segundo trimestre de 2016 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.034.000 ocupados. A taxa de ocupación aumenta seis décimas neste trimestre ata o 44%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 24.100 persoas, o que supón unha suba do 2,4% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre aumenta a ocupación masculina e a feminina: o número de ocupados varóns aumenta en 9.700 persoas respecto ao primeiro trimestre do ano 2016 e a ocupación das mulleres aumenta en 3.200 persoas. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nunha subida da taxa de ocupación masculina de nove décimas e de tres décimas na feminina.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2015, o número de homes ocupados aumenta en 12.400 persoas (un 2,3%), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 2,5%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados nos servizos aumenta en 13.000 persoas no trimestre e sitúase en 736.200 persoas. O sector primario aumenta 1.300 empregos con respecto ao trimestre anterior e a industria 100. Por outra banda, diminúe a ocupación no sector da construción (1.500 persoas)

Con respecto ao mesmo trimestre do ano 2015. A ocupación na agricultura e pesca medra un 11,1%, nos servizos un 3,5%, mentres que na industria e na construción diminúe un 2,4% e un 4,9% respectivamente.

Asalariados: En Galicia había 810.900 asalariados no segundo trimestre de 2016, 602.000 con contrato indefinido e os 208.900 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 3.700 asalariados máis con contrato indefinido, o que supón un aumento do 0,6%. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal aumenta en 9.600 persoas (o que supón, en termos relativos, unha subida do 4,8% con respecto ao primeiro trimestre de 2016). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido subiron un 1,2% e os asalariados con contrato temporal un 5,2%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, aumenta 8 décimas neste trimestre, ata situarse no 25,8%.

Parados: No segundo trimestre de 2016 en Galicia había 222.900 persoas en paro, 5.000 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 5 décimas ata o 17,7%.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2015, o número de parados baixa en 29.600 persoas (un 11,7%) e a taxa de paro 2,3 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe o paro masculino e o feminino: o número total de homes parados sitúase en 113.700 persoas (900 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 109.300 persoas (4.000 menos). A taxa de paro masculina diminúe, en consecuencia, 4 décimas e a feminina 6 décimas, situándose a primeira no 17,2% e a segunda no 18,3%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 15.100 persoas (un 11,7% menos), e entre o feminino en 14.400 persoas (un 11,6% menos que hai un ano).

Fogares: No segundo trimestre de 2016, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 4.500 unidades e sitúase en 75.700. Respecto ao segundo trimestre de 2015 esta tipoloxía de fogares cae un 12,6%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 7.800 unidades. O número de fogares nesta situación é de 556.600. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 23.100 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 4,3% en termos relativos.

OURENSE

- Ocupados: 106.200. No primeiro trimestre de 2016 eran 102.200, o que representa un aumento da ocupación de 4.000 persoas. 

A Variación interanual é positiva en 1.000 persoas, pois no segundo trimestre de 2015 foron 105.200 os ocupados.

- Parados: 27.200. No primeiro trimestre de 2016 eran 26.900 o que representa un aumento de 300 persoas. 

A Variación interanual acredita un descenso do paro  de 900 persoas, pois no primeiro trimestre de 2015 foron 28.100 os parados.

- Taxa de Actividade: 48,18 %. Aumentou en 1,66 puntos con respecto ao  primeiro trimestre de 2016.

- Taxa de Paro: 20,39 %. Baixou en 0,44 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2016. En termos interanuais descende  0,67 puntos.

Fontes: INE e IGE

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta