" Galicia é un país único que quere mirar cara adiante aproveitando a forza do seu pasado e do seu presente, sen ter que ir contra ninguén e sen ter que paralizarse por ninguén.
Galicia é un país unido, porque sabe que a súa unidade é a mellor maneira de seguir obtendo resultados.
E Galicia é un país libre, de imposicións externas e internas.
Porque as galegas e os galegos sinten Galicia como queren.
Celebramos esa Galicia no seu Día da mellor maneira que sabemos, que é co compromiso de loitar por ela.
Porque este partido xorde por Galicia e por iso hoxe –coma sempre- comprométese a seguir traballando para esa Galicia porque Galicia é a nosa única razón de ser.
Ningún de nós, eu tampouco, somos ninguén sen Galicia.
Parabéns a todos e que viva Galicia ! "
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es