Interveño hoxe en Radio Voz nunha tertulia dentro do programa "Voces de Galicia " na que interviron Anón Arias y Esteban Rico, e na que abordamos como tema central o informe da Axencia Ferroviaria Europea (ERA) sobre o sinistro de Angrois ocorrido o 24 de xullo de 2013.
Un informe que sostén que a investigación levada a cabo pola que levou a cabo pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios "non foi independente" e que "a obrigación de investigar o accidente non foi cumprida de forma apropiada"
Un informe que sostén que a investigación levada a cabo pola que levou a cabo pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios "non foi independente" e que "a obrigación de investigar o accidente non foi cumprida de forma apropiada"
Na miña intervención dixen que ese Informe da ERA está suxeito tamén a crítica e que por exemplo onte a propia CIAF afirmou a súa independencia xa que o nomeamento do presidente e os cinco vocais do pleno da CIAF realizouse cumprindo coa normativa entón vixente, o artigo 22 do Real Decreto 810/2007, polo que se establece que serán nomeados polo Ministro de Fomento entre persoas de recoñecido prestixio e acreditada cualificación profesional e con experiencia no seu respectivo ámbito ferroviario. Lembrei que o seu presidente é enxeñeiro de camiños xubilado e con enorme experiencia ferroviaria, Vicente Rallo foi nomeado pola ministra socialista Magdalena Álvarez en 2009 e logo foi ratificado no seu cargo pola ministra actual Ana Pastor. Iso acredita a súa imparcialidade e profesionalidade.
Dixen que aducen que o informe da CIAF sobre o accidente de Santiago de Compostela foi remitido á ERA en xullo de 2014, non habendo obxección algunha ao mesmo por parte desta axencia ata que se tivo coñecemento do actual documento. E que o procedemento de infracción que a Comisión Europea abriu a España en relación coa independencia da CIAF, do que forma parte o informe da ERA, foi pechado en sentido favorable ao Reino de España.
Sobre o informe da CIAF dixen que segundo a mormativa vixente a investigación non se ocupará en ningún caso da determinación da culpa ou responsabilidade e será independente de calquera investigación xudicial.
Expresei o meu respecto á independencia do poder xudicial e lembrei o recente auto do 27 de maio de 2016 da Audiencia Provincial da Coruña que estimou diferentes recursos de apelación interpostos contra o auto que puxo fin á instrución do caso Alvia (auto de incoación de procedemento abreviado) e ordenou ao xulgado que siga investigando.
Así a Sala acordou retrotraer a causa á fase de dilixencias previas, e mandou que "practíquese a ratificación e aclaración" de dous informes periciais, ademais das probas que se consideren necesarias, para determinar diversos extremos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es