Asisto en O Carballiño á "Escola de Verán de Dereitos
Fundamentais e Liberdades Públicas, Miguel Ángel Blanco".
Iniciativa que ten como obxectivo “sumar potencialidades,
analizar ideas e debater os asuntos máis punteiros da actualidade social, sen
esquecer a razón primeira que é homenaxear a memoria dun xoven político
popular, vítima da barbarie terrorista”.
Correspondeu a apertura ao presidente provincial, Manuel Baltar, e ao presidente da xunta do Carballiño, Argimiro Marnotes.
Logo baixo o título de “A portavocía responsable; 35 anos de
Parlamento galego”, desenvolveuse unha mesa redonda que, moderada polo actual
presidente da Cámara galega, Miguel Santalices, contou coa presenza dos que
foron voceiros populares: José Luis Barreiro Rivas (1981-1986), Jaime Alberto
Pita Varela (1998-2005), José Manuel Barreiro Fernández (2005-2007) e Pedro Puy
(desde o 2011 ata hoxe).
José Luis Barreiro Rivas, voceiro, lembrou as dificultades
da súa etapa e o cambio fundamental rexistrado en Alianza popular tras a
victoria nas eleccións de 1981, comezando daquela pola organización, por crear
unha linguaxe propia e un discurso. Un tempo complicado, dixo, “pero
satisfactorio e que me leva a pensar que si saímos de situacións como as
vividas a principios dos oitenta, tamén se pode saír desta”.
Pola súa banda, Jaime Pita Varela, afirmou sentirse honrado
por vivir unha etapa política na que xurdiu “o partido máis importante e forte
de España e Europa pola súa estrutura, e os populares galegos dentro da
formación nacional”. Fronte á crítica continua, afirmou, “temos que facer un
labor de apostolado, predicando os nosos postulados, transformando o país en
positivo como así fixemos en dúas ocasións e sendo en Galicia e en Ourense
exemplo de como se xestiona un partido”.
“Hoxe hai demasiada tensión que impide o debate
construtivo”, destacou entre tanto José Manuel Barreiro, voceiro na Cámara
galega entre 2005 e 2007 e actual voceiro do PP no Senado, comparando a súa
responsabilidade no Parlamento de Galicia co momento actual. Logo da súa
traxectoria como representante do partido en diferentes institucións, José
Manuel Barreiro abogou pola necesaria construción “dun relato político cara á
sociedade para ser quen de involucrar cada vez a máis persoas”.
Por último, Pedro Puy, voceiro dende 2011 ata o de agora,
quixo destacar a importancia da mesa redonda non só polo peso político dos seus
membros, “senón porque ven de representar a través do seus voceiros a opinión
maioritaria de Galicia”. Chamou Puy a atención sobre a importancia da función
que cumpren os voceiros, “fundamentais no traballo parlamentario dun partido,
cun importante labor interno pero tamén cunha proxección exterior que se ve
reflectida na opinión pública”.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta