Falamos
exclusivamente da rolda de consultas do Rey para propoñer un candidato a
presidente do Goberno.
Reclamei responsabilidade ao PSOE e a Cidadáns, para que non impidan a investidura de
Mariano Rajoy. E lembrei como o PP segue ofrecendo desde decembro o gran pacto
de coalición a ambas as formacións.
Dixen
que o PP sigue esforzándose para tentar achegar posturas coas demais forzas
políticas e que era optimista en que se alcance a investidura.
Afirmei
que España necesita un Goberno estable e pronto, porque hai que tomar moitas
decisións e aprobar leis, hai que preparar os PGE, necesitamos coñecer o teito
de gasto, aprobar a nova senda de déficit e todo isto afecta á revalorización
das pensións, a evolución da prima de risco, o emprego público ou o financiamento de
CCAA ou concellos, entre outras consecuencias.
Aludín
tamén a que nas rúas, falando coas persoas, constato que están fartas e que
reclaman que polo menos se deixe gobernar ao partido que gañou con claridade as
eleccións. E que están preocupados ante a posibilidade dunhas terceiras
eleccións.
Criterio que é tamén o de brillantes
opinadores, como Roberto Blanco Valdés que nun artigo artigo hoxe en La Voz de
Galicia afirma que : "España atravesa hoxe una desas terribles conxunturas como
consecuencia da absoluta irresponsabilidade de quen foron derrotados nos comicios
de decembro e de novo en xuño con maior intensidade (o PSOE e C´s), empeñados
ambos nunha estratexia cuxo único obxectivo é culparse mutuamente da
investidura de Rajoy aínda que iso sexa ao prezo de acabar por bloqueala, o que
nos conduciría sen máis a unhas terceiras eleccións."
Finalmente dixen sobre Cidadáns que esperamos que pase da abstención ao sí, porque carece de sentido que Rivera dese gratuitamente en febreiro o seu voto afirmativo a Sánchez para xustificar un intento de desbloqueo, e agora sexa incapaz de facelo cando boa parte da solución real á parálise está na súa man.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta