E infórmabannos que con esta disposición, o Fondo de Reserva da Seguridade Social alcanzou ao 1 de xullo un importe de 25.176 millóns de euros (prezo de adquisición), que supón un 2,33% do PIB.
Desde a súa creación e ata o 1 de xullo deste ano, o Fondo de Reserva xerou rendementos netos que ascenden a 27.490 millóns de euros dos que 1.395 millóns, xeráronse no que vai de ano.
Di a Tesourería que como vén sendo habitual, nos meses de xullo prodúcese unha necesidade adicional de financiamento para facer fronte ao abono de dúas mensualidades de pensións (paga ordinaria e extraordinaria).
Saliento esta noticia, xa que hoxe desde o PSOE lanzáronse acusacións sobre a sustentabilidade das pensións do sistema de Seguridade Social.
Pero a realidade é que agora o sistema é máis sustentable. Por cada novo pensionista que entraba no sistema, antes destruíanse tres postos de traballo e agora, por cada novo pensionista están a crearse seis postos de traballo.
A clave é o emprego. Conforme se vaian creando máis empregos, o sistema será máis sustentable e, ao final, a hucha das pensións e o fondo de reserva irase incrementando tamén.
Convén lembrar que PSOE cando gobernou cargou gastos impropios por case 40.000 millóns de euros e que o verdadeiro dano aos pensionistas foi a conxelación que fixeron os socialistas, onde os pensionistas perderon máis de 2.000 millóns de euros de poder adquisitivo. Fronte a eses recortes , o que ten feito o PP é subir as pensións todos os anos para que os pensionistas teñan aumento de poder adquisitivo.
Como dicía hoxe a deputada do PP, voceira destos temas, Carolina España, o fondo de reserva "creouno o PP precisamente para en situacións de dificultade, non ter que baixar as pensións"
E asegurou que "o fondo de reserva volverá encher con emprego como se está creando agora".
Ese é o noso gran obxectivo para a nova lexislatura