Á primeira hora desta mañá coñecín a través da radio a noticia do brutal e salvaxe atentado de onte á noite en Niza.
Ata
o momento 84 persoas morreron como consecuencia do salvaxe atropelo por
un camión lanzado contra unha multitude durante os festexos do 14 de xullo,
festa nacional francesa, no Paseo dos Ingleses desta cidade, capital da Costa
Azul.
Un
paseo que coñezo pois camiñei por este pasou o pasado verán acompañado dos meus
fillos, e podo asegurar que está sempre concorrido por moitísimas persoas de
todas as nacionalidades e idades.
Quen
proxectou e perpetrou ese atentado, sabía moi ben o enorme masacre que
produciría, o que fai aínda máis execrable a acción criminal.
Como
todas as persoas de bén deste mundo, compartimos a dor dos nosos veciños
franceses.
Súmome
ás palabras do presidente Rajoy de que Francia contará con toda a
cooperación de España para detectar, perseguir e castigar aos terroristas e a
quen os apoia e amparan.
Agora mesmo no
Congreso dos Deputados acabamos de testemuñar o noso pesar e
solidariedade co pobo de Francia, cun minuto de silencio.
Ao finalizar este
acto no que participei, interviron Celia Villalobos, vicepresidenta da Mesa da Dieputación
Permanente e deputada do Partido Popular, Pedro Sánchez
secretario xeral do PSOE, Pablo Iglesias,
secretario xeral de Podemos ; María del Mar Blanco, presidenta da Fundación
Vítimas do Terrorismo e deputada del PP ; e José Ignacio Prendes, secretario
segundo da Mesa e diputado de Ciudadanos.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es