Destacar que hoxe a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, informou en rolda de prensa do calendario da rolda de consultas que A súa Maxestade El Rey manterá cos interlocutores dos partidos políticos para a formación de goberno.
Unha rolda que comezará o martes da semana que vén, ao ser o luns festivo nacional, día do apóstolo Santiago.
Ese día foron citados polo Rey cinco partidos e, o mércores, outros cinco. Pedro Quevedo, deputado de Nova Canarias, acudirá ao Palacio da Zarzuela o martes ás 10.30 horas. Unha hora despois acudirá Martínez Oblanca (Foro Asturias) e, ás 12.30 horas, Ana Oramas, de Coalición Canaria. Pola tarde están citados UPN e EU. Javier Esparza ás 17.00 horas, e Alberto Garzón, ás 18.00 horas.
O mércores é a quenda de PNV, En Marea, Democràcia i Llibertat, Compromís e En Comú Podem. Aitor Esteban, Alexandra Fernández e Francesc Homs irán á Zarzuela pola mañá. Joan Baldoví e Xavier Domènech, pola tarde.
El Rey deixa para o último día as súas reunións cos líderes dos catro partidos con maior representación parlamentaria.
Albert Rivera, de Cidadáns, está citado ás 10.30 horas; Pablo Iglesias, de Podemos, ás 11.30 horas; Pedro Sánchez, do PSOE, ás 12.30 horas; e Mariano Rajoy, que pechará a rolda de consultas, ás 17.00 horas.
Recibirá resposta
Albert Rivera, de Cidadáns, está citado ás 10.30 horas; Pablo Iglesias, de Podemos, ás 11.30 horas; Pedro Sánchez, do PSOE, ás 12.30 horas; e Mariano Rajoy, que pechará a rolda de consultas, ás 17.00 horas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta