jueves, 4 de agosto de 2016

A compravenda de vivendas aumenta un 19,4 % en xuño

Onte coñecemos os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), correspondentes á Estatística de Transmisións de Dereitos da Propiedade correspondentes ao mes de xuño de 2016.

O número de fincas transmitidas inscritas nos rexistros da propiedade (procedentes de escrituras públicas realizadas anteriormente) no mes de xuño é de 151.447, o que supónun 3,3% máis que no mesmo mes de 2015. 

No caso das compravendas de fincas rexistradas, o número  de transmisións é de 74.192, cun aumento anual do 10,0%. 

O 85,1% das compravendas rexistradas en xuño corresponde a fincas urbanas e o 14,9% a rústicas. No caso das urbanas, o 58,4% son compravendas de vivendas. 

O número de compravendas de fincas rústicas  diminúe un 1,6% en xuño en taxa anual, mentres que o de urbanas aumenta un 12,3%. Dentro destas últimas , as compravendas de vivendas rexistran un incremento anual do 19,4%. 

No conxunto estatal, a compravenda de vivendas aumentou un 19,4% en xuño en taxa anual, ata 36.856 operacións, que é o maior número desde xaneiro de 2013 (39.920) sendo a vivenda usada o motor destas transaccións.

Galicia

En total, foron transmitidas 6.458 propiedades , das que 4.834 corresponderon a fincas urbanas e 1.624 foron rústicas.

A compravenda de vivendas aumentou un 14,8% en relación ao mesmo mes de 2015, ata sumar 1.227 operacións. 

Destas, 1.171, eran libres e os 56 restantes protexidas. Mentres, 339 eran de primeira man e 888 usadas.

 Ourense

En total, foron transmitidas 753 propiedades , das que 562 corresponderon a fincas urbanas e 191 foron rústicas.

Polo que respecta ao total de trasnmisiones de vivendas rexistradas o pasado mes de xuño, o dato que ofrece o INE é de 270. Un total de 134 foron por compravenda, 73  por herdanza, unha por doazón e as restantes por outros motivos.

Destas 134 operacións, a maioría foron de vivenda usada 99 e 130 de vivendas libre.

A compravenda de vivendas creceu un 20% no primeiros seis meses do ano respecto ao mesmo período de 2015, segundo os 

En comparación os datos de xuño do pasado ano, o incremento é dun 19,4%.