martes, 23 de agosto de 2016

A oferta do PP deG é a de un goberno estable, responsable e inconformista

Engadir título
Asisto hoxe no balneario de Arnoia, a carón do río Miño, preto da desembocadura dos afluentes Arnoia e  Cerves á Xunta Directiva do PP de Ourense na que foi presentada formalmente a candidatura  coa que o PP ourensán concorrirá ás eleccións do 25-S ao Parlamento de Galicia.

Comezou o acto neste magnífico lugar coa intervención de Marisol Díaz Mouteira, número uno da candidatura que presentou ao resto dos populares que lle acompañan na lista, “que teñen toda a ilusión, todo o ánimo e toda a forza para construír unha Galicia e un Ourense do futuro”.

Agradeceu o compromiso que no seu día aceptaron as personas que non repiten na candidatura, dixo sentirse segura de que “pola parte que nos toca, os ourensáns apostaremos por unha Galicia mellor, a Galicia que representa o Partido Popular e Alberto Núñez Feijoó”.

Interveu logo presidente provincial, Manuel Baltar, reclamando o esforzo de todos os populares para conseguir unha terceira maioría absoluta e “dar unha lección a España, porque non podemos estar instalados na incertidume e necesitamos alguén que teña un proxecto de país, como o así o demostrou Feijoó”.

Loubou o escenario da reunión como exemplo de cooperación entre os gobernos provincial e autonómico para dar pulo ao termalismo deportivo e o plan termal de Ourense, afirmou que “somos os populares, os que grazas aos ourensáns formamos gobernos sólidos e con proxectos, os que estamos chamados a seguir realizando o traballo que estivo a facer o noso presidente galego”.

A convocatoria de hoxe, dixo, “permítenos poñer de manifesto a forza deste partido, que se expresa coas persoas que integran esta candidatura, cun programa e co apoio masivo que o 25 de setembro recibiremos dos ourensáns”.

Baltar dixo que este é “un momento sobradamente importante para Galicia e para agradecer e recoñecer a Alberto Núñez Feijoó que se poña novamente a disposición do partido, por obter a confianza unánime no congreso autonómico celebrado en Ourense e por ter forzas e proxecto para conseguir unha terceira maioría absoluta”.

Pechou o acto o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurando que á maioría de galegos que queren un goberno estable, responsable e inconformista só lle vale a opción do Partido Popular de Galicia, do mesmo xeito que os populares tamén son a única papeleta para evitar que a suma de catro ou cinco partidos impidan ese goberno. 

Así, indicou que, mentres hai outras formacións que teñen como máxima ambición ser a segunda forza política ou que aspiran a non desaparecer, a ambición do PPdeG é seguir mellorando Galicia e, por iso, teñen que traballar coa máxima enerxía nas próximas semanas para que a comunidade non perda a súa e non deixe de avanzar. 

Durante a Xunta Directiva do PP de Ourense na que se presentou a candidatura desta provincia para as vindeiras eleccións autonómicas, Feijóo precisou que os populares tamén teñen unha dobre certeza que os empuxa: a de que van gañar e a de que hai unha maioría que quere que gañen e que gobernen. 

Malia isto, advertiu que non será suficiente se esa maioría non se manifesta nas urnas, polo que deberán transmitirlles aos cidadáns que cada voto ten consecuencias e que, do mesmo xeito que non todo está feito para Galicia, tampouco todo está feito para a noite electoral.

Por este motivo, o número un do PPdeG apuntou que piden o apoio a esa inmensa maioría coa razón da humildade, sabendo que aínda poden chegar moito máis lonxe; e coa razón dos feitos que proban que, con eles, Galicia xa está indo cara adiante.  

Segundo afirmou Feijóo, a nosa comunidade é o que une e o que motiva ao PPdeG, que marca a diferenza sendo “o único equipo unido en Galicia e unido a Galicia”. “Síntome orgulloso de encabezar a lista do único proxecto que sente Galicia, que pensa en Galicia e que fai esta campaña desde Galicia”, engadiu. 

Do mesmo modo, subliñou que se sinte orgulloso de que non haxa ningún compañeiro mirando de reollo a outro, nin persoas pedindo que organicen as listas desde Madrid ou perdendo o tempo en “puentearse” uns aos outros.  “Non cambiamos Galicia por nada”, asegurou o dirixente explicando que os únicos problemas que os deben ocupar son os que preocupan no día a día aos cidadáns e que todo o seu tempo é para a nosa comunidade.


O presidente apuntou que o primordial en calquera proceso electoral é falar coa cidadanía, algo que o populares fan tamén cando non están en campaña pois, a diferenza dos seus rivais políticos, non teñen que coñecer Galicia nun curso rápido nin que darse a coñecer porque levan todo este tempo traballando por ela e con ela. Así, lembrou cando percorreu todos os concellos como líder da oposición, cando quixo manter encontros de ti a ti ao ser elixido presidente da Xunta e como agora, que decidiu volver presentarme, volveu novamente a percorrer as comarcas galegas.



De igual modo, sinalou que tamén deben facer balance cos cidadáns e explicarlles que estiveron loitando contra a crise e lograron comezar a superala, que cando adoptaron algunha decisión que non gustaron a todos foi porque preferiron desgastarse eles antes que ao país, ou que os datos positivos que hai agora danlles a razón e por iso piden que llela dean tamén nas urnas, posto que non se conforman con deixar o traballo e medias e queren lograr o que aínda falta por conseguir. 

Desta forma, Feijóo insistiu en que non se conforma con que en Galicia creza a economía e baixe o paro; con que melloren os servizos públicos e a percepción que os cidadáns teñen deles; con que haxa sectores estratéxicos como o naval ou a automoción recuperándose ou abríndose camiño como o aeronáutico; nin con dar novas oportunidades ás familias que teñen un fillo ou que renovan o seu fogar. 


“Non me presento ás eleccións negando o que entre todos logramos en Galicia senón afirmando o que nos queda por facer”, aseverou namentres indicaba que a autocrítica e o inconformismo do seu partido estará no seu programa electoral, “nun proxecto para que os próximos catro anos Galicia siga mellorando con maior intensidade”.  Igualmente, o líder dos populares galegos precisou que, se foron quen de que a nosa comunidade fose a mellor durante a crise e cando comezou a recuperación, con máis motivo serán capaces de que mellore a un ritmo aínda maior agora que o crecemento se espera máis intenso; facendo fincapé tamén en que a súa proposta é seguir avanzando cara o futuro e sumar a favor de Galicia. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta