jueves, 25 de agosto de 2016

A Ribeira Sacra, recibe a "Vuelta" ciclista a España

Asisto hoxe en Monforte de Lemos á saída da sexta etapa da "Vuelta" ciclista a España", que se disputou entre esa localidade e Luintra sobre 163,2 quilómetros.

Baixo a pancarta de saída, na primeira fila se gardou un minuto de silencio  en memoria das vítimas do terremoto que sacudiu o centro de Italia e que se cobrou xa máis de 240 mortos.

A primeira parte da etapa uniu Monforte de Lemos e Quiroga e a segunda parte, entre Monforte de Lemos e Luintra, a ruta cruzou o val do Sil e penetrouse na Ribeira Sacra, entre os ríos Cabe, Sil e Miño. 

O británico Simon Iates (Orica-BikeExchange) impúxose en solitario na 6ª etapa da Volta a España, unha xornada de media montaña con final en Luintra onde o colombiano Darwin Atapuma (BMC) mantivo sen problemas a súa camisola de líder ao entrar co resto de favoritos a 22 segundos do vencedor. 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo acompañou ao presidente da Deputación Manuel Baltar, ao alcalde César Parente, e outras autoridades no acto de entrega do premio ao gañador.

Sen dúbida unha estupenda etapa. 







Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta