Esta mañá coñecemos que o deputado nacional, presidente do PP vasco e ministro de Sanidade en funcións, Alfonso Alonso Aranegui, será o candidato a lehendakari do Partido Popular nas próximas eleccións ao Parlamento Vasco do 25 de setembro,
Alonso tras agradecer o apoio dos seus compañeiros de partido apostou por defender para Euskadi "un proxecto de moderación, convivencia e creación de emprego, de estabilidade e integración en España e Europa".
Quero felicitar a Alfonso por asumir este novo reto político de enorme importancia e desexarlle a mesma sorte que el nos deu nas pasadas eleccións xerais do 26 de xuño.
Estivo connosco en Ourense, o 21 de xuño, e nun almorzo coa Xunta Directiva do PP de Ou, mostrouse totalmente seguro de que obteriamos o terceiro deputado e que Ana Vázquez volvería ao Congreso. E acertou.

Estou seguro que a súa candidatura obterá un gran apoio electoral no País Vasco. Meréceo.
Parabéns.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta