sábado, 27 de agosto de 2016

Mariano Rajoy insta aos socialistas a non actuar agora "con irresponsabilidade"porque se está xogando os intereses, a economía e a vida de millóns e millóns de cidadáns que non son culpables desta situación


Asisto hoxe a un gran mitin organizado polo PP de Galicia na Carballeira de Xan Xusto en Cotobade  (Pontevedra). Tratábase do acto de inicio do curso político, que tradicionalmente se celebraba en Soutomaior.

A pouco máis dunha semana para que comece a campaña para as eleccións autonómicas do 25 de setembro na comunidade galega, o presidente do PP Mariano Rajoy explicou que hai dous modelos onde elixir. "Hai un que é o que lidera Alberto Núñez Feijóo que é o moi bo, que ofrece unha Galicia estable, moderada, dinámica, con crecemento económico, que crea emprego; unha Galicia constitucional, integrada en España e en Europa, unha Galicia ampla e aberta ao mundo".

Por outra banda, está o modelo "moi malo" que pasa a ser unha reedición do bipartito entre socialistas e nacionalistas, pero nunha versión "inestable, radical e extremista" e na que cada compite por ser máis extremista que o outro. Por tanto, o PP debe acudir a esta cita electoral con "o aval do labor ben feito, pero imos presentar sobre todo cun proxecto político que ofrece aos galegos unha Galicia estable, moderada e dinámica, ocupada do que importa á xente, que son os seus propios problemas".

Mariano Rajoy, asegurou  hoxe que "é momento de apelar á responsabilidade de quen ten que tela" e dirixiu directamente ao Partido Socialista ante a celebración a próxima semana da sesión de investidura á que se presenta como candidato a presidente do Executivo o dirixente do PP.

Rajoy agradeceu  a Cidadáns e Coalición Canaria as negociacións que mantiveron desde as últimas eleccións: "Fixeron un esforzo e creo que fixeron o que é o mellor para os intereses xerais do noso país e espero que con ambas as forzas políticas podamos pechar pronto un acordo". A partir de aquí, engadiu que o PP fará "todos os esforzos programáticos no posible e acorde á Constitución, a lóxica e a razón."

Con todo, admitiu que "isto non será suficiente" para formalizar un Goberno a próxima semana e, por tanto, reclamou ao PSOE a súa asunción de responsabilidade, despois de sinalar ao seu secretario xeral, Pedro Sánchez, como máximo responsable de que xa se producise "a anomalía histórica" de ter que repetir eleccións en xuño.

Ademais de subliñar que se trata dunha situación "inédita, distinta e excepcional", Mariano Rajoy instou os socialistas a non actuar agora "con irresponsabilidade porque se está xogando os intereses, a economía e a vida de millóns e millóns de cidadáns que non son culpables desta situación".

Incidiu  en como o PP gañou as dúas últimas eleccións e que ese é o mandato dos cidadáns. "Sería unha enorme irresponsabilidade que aqueles que teñen 52 escanos menos de quen gañou as eleccións e 2,5 millóns de votos menos volvesen bloquear a formación dun Goberno no noso país".

Sobre todo, lembrou  Rajoy, porque España non se pode permitir seguir cun Executivo en funcións. "As cousas van ben pero poden deixar de ir ben. E de feito son xa moitos os avisos que empezamos a recibir dentro e fóra de España de que non se pode prolongar esta situación", alertou o presidente popular antes de puntualizar que "sería tremendo que a irresponsabilidade dalgúns nos volvese outra vez á situación de crise".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta