viernes, 26 de agosto de 2016

Comeza o vindeiro martes a sesión de investidura na procura dun Goberno canto antes

A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor anunciaba onte ao termo da reunión da Mesa que  a ansiada Sesión de Investidura comezará o martes, día 30 de agosto, ás 16,00 horas, coa intervención do candidato á Presidencia do Goberno, proposto por S.M. o Rey, Mariano Rajoy. 

O mércores a partir das 9,00 horas renovarase cos grupos parlamentarios, de maior a menor, salvo o Grupo Popular, que o fará en último lugar. Ese mesmo día terá lugar a primeira votación.

A sesión de investidura, prevista no artigo 99 da Constitución e regulado nos artigos 170 a 172 do Regulamento do Congreso dos Deputados, comeza coa intervención do candidato a presidente do Goberno, que expón ante a Cámara o programa do Goberno que pretende formar e solicita ao Congreso a confianza para facelo.

Finalizada a intervención de Rajoy a sesión suspéndese e renóvase o mércores ás 9,00 horas cando tomarán a a palabra os representantes dos distintos grupos parlamentarios para expor a súa posición, durante un máximo de 30 minutos. O candidato á investidura respóndelles, e pode facelo un por un ou de forma agrupada. A segunda intervención dos grupos parlamentarios será, de acordo cos tempos regulamentarios, de 10 minutos.

Unha vez acabado o debate realizarase a primeira votación. A votación é pública por chamamento, é dicir, noméase aos deputados uno a un, por orde alfabética a partir dunha letra elixida ao azar, para que en voz alta digan Si, Non ou Abstención á investidura. Nesta primeira votación, o candidato necesita o apoio da maioría absoluta da Cámara, é dicir, 176 deputados, para ser elixido presidente do Goberno.

Se non a obtén, realizarase unha nova votación pasadas 48 horas. Neste segundo debate, que tería lugar o venres, día 2 de setembro, o candidato terá dez minutos para pedir o respaldo da Cámara, e os representantes dos grupos parlamentarios dispoñerán de cinco minutos. Nesta votación, o candidato será investido presidente se obtén maioría simple, máis votos a favor que en contra.

A data de hoxe o PP segue aspirando á investidura de Mariano Rajoy a próxima semana. E aspira tamén chegar a ese debate con 170 votos favorables: os seus, os de Cidadáns e o de Coalición Canaria. 

Niso está a traballar o noso equipo negociador  e co obxectivo  principal de que haxa "un goberno funcionando e non un goberno en funcións" ocupando o banco azul.

España necesita un Goberno xa porque é unha gran anomalía o estar en funcións durante oito meses e poque precisamos seguir crecendo e creando emprego.

Os españois pídennos altura de miras e sentido de Estado e por iso o PSOE debe pasar á asbtención xa que de non cambiar a súa posición  non é posible que a investidura poida saír adiante.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta