Mañá comeza en Ourense a “Vuelta
2016” a proba máis importante do ciclismo no mundo, xunto co Tour de Francia e
o Giro de Italia.
Nesta 71 edición conta
cos mellores ciclistas do mundo, entre os que figuran Chris Froome, gañador do
Tour de Francia por segundo ano consecutivo; Alberto Contador, Nairo Quintana e
Alejandro Valverde.
Catro das 21 etapas coas que conta, discorrerán por 18
concellos ourensáns, sendo Ourense a provincia na que máis etapas se disputan.
“Trátase – como expresou o presidente do goberno provincial Manuel
Baltar -, dunha oportunidade moi importante para posicionar a “marca Ourense”,
pois estamos diante dun dos espectáculos deportivos máis vistos no mundo, en
máis de 150 países, con millóns de espectadores, que verán unha provincia
termal que, ademais, é a denominación oficial desta edición da Vuelta: “Ourense
Termal - Madrid”.
Estas etapas serán o escaparate
perfecto para amosar ao mundo o noso termalismo, por medio dos nosos
balnearios, do Parque Náutico de Castrelo de Miño e mesmo da cidade de Ourense,
capital termal, e tamén achegando a beleza paisaxística e natural que ten a
Ribeira Sacra, con esa chegada a Luintra na sexta etapa, e coa saída da sétima
etapa de Maceda, vila ciclista histórica por excelencia”.
Representará ademais para Ourense un gran movemento social e un dinamismo económico
expresado nun evidente retorno.
Hoxe puiden comprobar o impacto da
Vuelta na capital provincial, recorrendo o “parque da proba” instalado na Alameda,
onde tiven a oportunidade de saudar ao o director xeral de Unipublic e da
"Vuelta a España", Javier Guillén, que acompañaba ao presidente Manuel
Baltar.
Mañá presenciarei a contrarreloxo por equipos, de 29
quilómetros, que se disputa ás 18.30 horas, entre o Balneario de Laias e o
Parque Náutico de Castrelo de Miño.
http://www.lavuelta.com/
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta