Hoxe tivo
lugar a reunión do Comité Electoral do Partido Popular de Galicia, que preside Alfonso
Villares, e nela foron aprobadas as listas electorais ao Parlamento de Galicia.
En rolda de prensa
posterior, o secretario xeral Miguel Tellado anunciou “o equipo que acompañará
ao noso candidato no Parlamento de Galicia para defender o noso proxecto”,
destacando que o obxectivo das candidaturas do PPdeG é “ter un grupo
parlamentario sólido capaz de defender o noso proxecto” fronte a outras que
teñen como prioridade “dar satisfacción a diferentes faccións ou agrupacións
locais”.
Unhas listas cunha
porcentaxe de renovación dun 58%, con incorporación
de novas caras combinana con “conservar aos valores seguros”.
Tellado quixo así
contrastar con outras forzas que necesitan “cambiar de marca” ou esconder aos
“referentes nos últimos catro anos”. O PPdeG síntese “orgulloso” do traballo
feito en Xunta e Parlamento e por iso inclúe nas súas candidaturas á totalidade
do goberno galego, a todos os delegados territoriais e a todas as persoas que
ocupan cargos na Mesa do Parlamento ou na dirección do grupo parlamentario.
“Cremos que o
traballo destes catro anos é, sen lugar a dúbidas, o noso gran aval ante
Galicia nestas eleccións e polo tanto incorporamos ás listas ás persoas que
representan ese traballo do que nos sentimos orgullosos”, concluíu.
Miguel Tellado explicou que as candidaturas do PPdeG ofrecen “un equipo con dúas características que ningunha outra forza política pode ofertar nestes momentos”: a experiencia e a unidade.
Miguel Tellado explicou que as candidaturas do PPdeG ofrecen “un equipo con dúas características que ningunha outra forza política pode ofertar nestes momentos”: a experiencia e a unidade.
No tocante á
experiencia, o secretario xeral dos populares indicou que as candidaturas do
PPdeG incorporan a “persoas experimentadas na xestión pública” en diferentes
eidos: goberno galego, Cortes Xerais e política local, así como deputados con
experiencia na propia cámara galega na defensa de temas tan importantes como a
política económica, a política social, a pesqueira ou a sanitaria.
En canto á unidade,
Tellado destacou que as candidaturas populares configuran un “equipo unido para
unha maioría estable”. “Destas candidaturas non vai saír ningún grupo mixto”,
sinalou Tellado en referencia á ruptura nesta lexislatura do grupo
parlamentario que formaban os que agora integran as Mareas. Unha fractura cuxa
repetición augurou nesta nova lexislatura.
Tamén puxo en valor
que “destas candidaturas non sairá ningunha impugnación ante os órganos do
partido en Madrid” como si ocorreu no caso dos socialistas galegos. Estas
listas non “nolas ten que emendar ninguén”, pois “aquí ninguén discute o
liderazgo de Alberto Núñez Feijóo”. afirmou en referencia á corrección feita
por Ferraz nas listas do PSdeG.
Tras agradecer o seu
traballo e esforzo durante estes anos ás persoas que non repiten nas
candidaturas, o secretario xeral do PPdeG destacou que as persoas que conforman
as candidaturas para o 25 de setembro son un “equipo unido” capaz de lograr
“unha maioría estable para Galicia”.
A lista dos candidatos do PP pola provincia a de Ourense ao Parlamento de
Galicia está integrada por :1-. Marisol Diaz Mouteira 2-. Miguel Santalices Vieira 3-. José Luis González Vázquez 4-. Antonio Rodríguez Miranda 5-. Cristina Romero Fernández 6-. Marta Novo Iglesias 7-. Cesar Manuel Fernández Gil 8-. Moisés Blanco Paradelo 9-. Marta Rodríguez-Vispo 10-. Antonio Mouriño Villar 11-. Carlos Gómez Salgado 12-. Jackeline Fernández Macías 13-. Marta Pena Fraga 14-. José Antonio Parente
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta