Os trens Avant entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña se sitúan no posto primeiro de incremento de viaxeiros no ránking dos servizos Avant; detrás séguelle o Avant Madrid-Toledo.
O servizo Avant en Galicia comenzou a funcionar en decembro de 2011. Préstase desde entón con trens a serie 121, fabricados por CAF- Alstom, que son de ancho variable e foron especialmente desdeñados para cubrir os servizos de Media Distancia por vías UIC e convencionais.
Este tren, ten un total de 280 prazas, en clase única turista, máis dous adicionais para persoas con mobilidade reducida e proporciona un maior confort e calidade ao viaxeiro. O S-121 conta, ademáis, con tomas de electricidade en todos os asentos así como cunha zona de máquinas de venda de bebidas e snacks.
Na actualidade, doce servizos, seis por cada sentido, cobren este traxecto a diario, máis outros dous servizos a maiores en días alternos; Ademáis, durante o curso académico, e para dar resposta a demanda que se xera, ponse en circulación un servizo extra, por sentido, entre Ourense e Santiago de Compostela.
Desde o pasado mes de abril, os usuarios dos abonos dos servizos Avant sumáronse ao programa de +Renfe e os clientes titulares deste cartón de fidelización xa acumulan puntos pola compra dos abonos para estes servizos.
Estes datos son moi satisfactorios e esperanzadores e acreditan como cando as infraestruturas son de calidade e os servizos adecuados, os cidadáns utilizan cada día máis o ferrocarril.
E tamén debemos celebrar que se facilitan as relacións entre o norte e o sur de Galicia.
Parabéns a Renfe, especialmente aos seus xestores en Galicia.
Recibirá resposta