domingo, 21 de agosto de 2016

Magnifica etapa ciclista entre Laias e Castrelo de Miño

Onte comezou a "Vuelta 2016 Ourense Termal- Madrid". A primeira etapa de 27,8 km foi unha contrarreloxo por equipos entre Laias e Castrelo de Miño.

O británico Peter Kennaug  se enfundou á primeira camisola vermella  grazas ao triunfo da súa escuadra Sky ende 27,8 quilómetros, na que Movistar igualou en tempo e Alberto Contador cedeu 52 segundos.

O equipo británico capitaneado polo triplo gañador do Tour de Francia, Chris Froome levou a vitoria cun rexistro de 30.37 minutos, tan só 4 centésimas por diante do Movistar de Nairo Quintana e Alejandro Valverde.

Tiven a oportunidade de seguir esta etapa desde a meta en Castrelo de Miño, cuxo parque náutico presentaba onte un formidable aspecto. 

Miles de persoas en directo e millóns por televisión puideron gozar das imaxes  da riqueza paisaxística da contorna  do Miño, o seu verdor, as viñas das súas ladeiras, as súas igrexas, casas reitorais, pazos e balnearios. E a marabillosa contorna natural privilexiada ás beiras do río Miño, do Parque Náutico de Castrelo, o mar de Ourense.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta