jueves, 18 de agosto de 2016

Na constitución da Deputación Permanente do Congreso

Hoxe tivo lugar a reunión da Deputación Permanente do Congreso, para celebrar a súa sesión constitutiva, unha vez que os grupos parlamentarios designaron aos deputados titulares e suplentes que forman parte deste órgano, que se reúne entre períodos de sesións ou durante a disolución para exercer as funcións que lle atribúe o Regulamento.

Nesta sesión, os membros da Deputación Permanente, presidida pola presidenta da Cámara, Ana Pastor, eliximos o resto da Mesa, dous vicepresidentes e dous secretarios, polo mesmo procedemento polo que se elixe en Pleno á Mesa do Congreso

Así, José Ignacio Prendes foi designado vicepresidente primeiro, con 33 votos; e Micaela Navarro, vicepresidenta segunda, con 28. As secretarias primeira y segunda serán Alicia Sánchez Camacho, con 33 votos, e Gloria Elizo, con 28. 

A composición deste órgano foi acordada pola Mesa da Cámara o pasado martes, 8 de agosto, cando se decidiu, previa a audiencia da Xunta de Portavoces, e de conformidade co artigo 56 do Regulamento, que estea integrada por 64 membros coa seguinte distribución:

- 24 do Grupo Parlamentario Popular no Congreso
- 15 do Grupo Parlamentario Socialista
- 12 do Grupo Parlamentario Confederal  de Unidos Podemos - En Comú Podem - En Marea
-  6 do Grupo Parlamentario Cidadáns
- 2 do Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana de Catalunya
- 1 do Grupo Parlamentario de Vasco (EAJ-PNV)
- 4 do Grupo Parlamentario Mixto.

Tal e como regula o artigo 57 do Regulamento do Congreso as funcións da Deputación Permanente son velar polos poderes da Cámara cando esta non estea reunida e ademais:

1. Nos casos de disolución ou expiración do mandato do Congreso dos Deputados:

. Asumir todas as facultades que en relación cos Decretos-leis atribúe ao Congreso dos Deputados o artigo 86 da Constitución.

. Exercer as competencias que respecto dos estados de alarma, excepción e sitio atribúe á Cámara o artigo 116 da Constitución.

2. Nos lapsos de tempo entre períodos de sesións, exercitar a iniciativa prevista no artigo 73.2 da Constitución (convocatoria de sesións extraordinarias de Pleno ou as Comisións).

A representación galega do PP de G na Deputación Permanente estará integrada por Ana Pastor Julián na súa condición de presidenta e tres designados polo GPP, a deputada coruñesa Marta González Vázquez como titular e a pontevedresa Irene Garrido Valenzuela e o ourensán Celso Delgado Arce como suplentes.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta