Asisto
onte á inauguración oficial da XXXVII Festa do Pemento de Arnoia que ten lugar
este fin de semana na súa fermosa carballeira da Queixeira.
Un acto que foi presidido polo seu alcalde Rodrigo Aparicio Santamaría e por Belén Docampo, directora Xeral de Gandería , Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural.
Un acto que foi presidido polo seu alcalde Rodrigo Aparicio Santamaría e por Belén Docampo, directora Xeral de Gandería , Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural.
Trátase dunha festa gastronómica popular de longa tradición pués naceu en en 1980 e que
coincide coas festas patronais e co regreso de emigrantes nas súas vacacións.
Miles de quilos de pementos sérvense ao estilo tradicional
(fritos), recheos ou en tortilla, regados cos viños do Ribeiro, nesta paraxe no
que non faltan mesas,
bares, casetas de exposición de produtos e todo tipo de servizos, desde
atraccións e barracas para os nenos ata un gran aparcadoiro. Por suposto
orquestras.
Para os que non os coñezan, estes pementos son de alta
calidade e distínguense pola súa forma cónica e acampanada, a súa cor verde, o seu brillo e tersura,
a finura e consistencia da súa carne, e de modo especial, o seu sabor, que
nestas datas de agosto está no seu mellor momento.
Os pementos amparados
pola indicación xeográfica protexida Pemento da Arnoia teñen como ámbito xeográfico de produción
comprende unha área de 23 km² de extensión constituída polo termo municipal da Arnoia e pola parroquia de Meréns,
pertencente ao municipio de Cortegada. A totalidade da área atópase incluída na
Comarca de "O Ribeiro"
Temos
que destacar o
valor das festas gastronómicas de Galicia e o seu potencial para contribuír a
fortalecer no só o sector agroalimentario, senon tamén o turístico.
Lembremos que Galicia conta con 112 festas de interese turístico
autonómico, 11 de interese turístico nacional e nove de interese turístico
internacional, que contribúen a poñer en valor a calidade dos produtos
procedentes tanto da agricultura como da gandería e dan a coñecer tamén outros
atractivos da nosa comunidade como o patrimonio cultural.
Sen dúbida a festa do pemento de Arnoia é unha das mellores festas. Parabéns aos organizadores.
Recibirá resposta