Intervin hoxe no programa Voces de Galicia que modera Antía Díaz e no que tamén falaron Xaime Vila e Xosé Vázquez.
Fallamos en primeiro lugar da vaga de incendios forestáis que asola nestes días a Galicia. Amosei o total recoñecemento e confianza a todo o operativo que está a loitar contra o lume en condicións de falta de auga, moito calor e vento.
Falei da eficacia, eficiencia, e da solidariedade e do compromiso deste colectivo de 7.000 persoas que garanten a nosa seguridade, a nosa estabilidade, o noso patrimonio e, incluso, en algúns casos, as vidas das persoas que se ven ameazadas.
Apuntéi a intencionalidade como a causa principal destes lumes e que é precisamos da colaboración cidadá para denunciar aos que prenden, xa que o monte e grande e a policía e a garda civil, precisan acuda.
Lembrei por ejemplo que axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense investigan a aparición onte dun artefacto incendiario nun monte de Boborás, en Ourense, que se atopaba nas inmediacións dun colexio.
Falamos logo dos problemas de En Marea e Podemos para organizarse en coalición, e dixen que a teórica alternativa ao goberno de Feijóo na Xunta está caracterizada por unha absoluta incapacidade de chegar a acordos e para articular un proxecto común.
Dixen que as supostas primarias abertas da Marea non só é que teñan candidato único senón que os membros da coordinadora que as organiza, lonxe de manterse neutrais, están facendo campaña descarada polo candidato recomendado e disuadindo a calquera outro de dar o paso.
Finalmente falamos do Comité Executivo que o Partido Popular vai celebrar o vindeiro mércores no vai debater unha proposta en relación coas condicións propostas por Cidadáns.
Un debate necesario posto que varias delas levan unha reforma constitucional ou poden cambiar os mecanismos do funcionamento dos partidos políticos, polo que é necesario asesorarse.
Un debate necesario posto que varias delas levan unha reforma constitucional ou poden cambiar os mecanismos do funcionamento dos partidos políticos, polo que é necesario asesorarse.
E engadín que en todo caso é preciso que o PSOE estea á altura das circunstancias, e de que antepoña os intereses xerais aos seus propios.
Terminei dicindo que era optimista en relación a que frutificasen estas conversacións e sexa finalmente posible a investidura.
Terminei dicindo que era optimista en relación a que frutificasen estas conversacións e sexa finalmente posible a investidura.
Recibirá resposta