Ata a data, prorrogouse en 11 ocasións.
O obxectivo deste programa é mellorar a empregabilidae dos parados de longa duración ou aqueles con responsabilidades familiares. Está dirixido ás persoas que esgotan a prestación por desemprego de nivel contributivo ou ben algún dos subsidios. Para eles, os Servizos Públicos de Emprego desenvolven itinerarios personalizados de inserción en función das características de cada beneficiario durante un período de 6 meses.
Contémplase ademais unha axuda económica de acompañamento de 400 euros mensuais. Desde a reforma de Programa, en agosto de 2012, esta cantidade elévase a 450 euros para aqueles beneficiarios con responsabilidades familiares.
As persoas que reciben o PREPARA, teñen dereito a:
. Realizar un itinerario individualizado e personalizado de inserción, que contemple o diagnóstico sobre a súa empregabilidade, así como as medidas de políticas activas de emprego dirixidas a mellorala.
. Participar en medidas de políticas activas de emprego encamiñadas á recualificación e/ou reinserción profesional necesarias para que poidan incorporarse a novos postos de traballo, especialmente as dirixidas á obtención das competencias profesionais máis necesarias para a súa colocación estable.
. Recibir unha axuda económica de acompañamento do 75% do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM) mensual, ata un máximo de seis meses.
. Recibir unha axuda económica de acompañamento do 75% do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM) mensual, ata un máximo de seis meses.
Desta maneira alcánzase un dobre obxectivo: Atenuar unha situación real de necesidade e ecuperar o emprego das persoas beneficiarias.
O Plan PREPARA beneficiou a 646.790 persoas desde decembro de 2011. Deles 34.310 beneficiarios en Galicia.
Máis de 77.565 desempregados beneficiáronse da elevación de 400 euros a 450 euros aprobada en 2012 para aqueles con responsabilidades familiares.
Un programa reformado e prorrogado:
PREPARA foi reformado en agosto de 2012 tras a avaliación do programa ata entón vixente. Dita avaliación puxo de manifesto unha serie de limitacións que facían necesario un reforzo da súa eficacia e a maior vinculación das axudas coas situacións de maior necesidade.
Por iso, a reforma do programa en agosto de 2012, ademais do reforzo de servizos de emprego personalizados para o colectivo de beneficiarios, está a permitir concentrar as axudas naqueles colectivos con maiores dificultades para retornar ao mercado de traballo.
PREPARA vai continuar prorrogándose de forma automática cada 6 meses ata que o desemprego baixe do 18%, tal e como aprobou o Goberno o pasado mes de abril, nun decisión avalada polo Pleno do Congreso dos Deputados.
Recibirá resposta
Recibirá resposta