Esta mañana el
presidente Alberto Núñez Feijóo, presentou ás persoas que o partido proporá ao seu
Comité Electoral como cabezas de lista do PPdeG nas próximas eleccións
autonómicas do 25 de setembro.
O número un por A Coruña será Diego Calvo; Francisco
Conde encabezará a lista por Lugo; como número un por Ourense irá Marisol Díaz
Mouteira; e como número dous por Pontevedra Alfonso Rueda, que acompañará ao
presidente na candidatura que este encabezará nesa provincia.
Feijóo asegurou que todos eles son persoas con
experiencia, xestión, representativas e que coñecen as súas responsabilidades
cun denominador común: non teñen outro obxectivo que acertar e responder aos
intereses exclusivos de Galicia dende o servizos públicos.
Ademais, o presidente puxo en valor que nas listas do
seu partido hai renovación. De feito, á excepción do candidato do PPdeG á
Xunta, o resto debutan en calidade de números un. Tamén hai renovación porque incluso
un cabeza de lista –Francisco Conde- nunca fora membro da cámara autonómica
-Marisol Díaz e Diego Calvo si estiveran de forma intermitente no Parlamento
galego-. Sen embargo e malia esta renovación, Feijóo salientou que non houbo
sobresaltos nin liortas.
Segundo expresou, ese sosego é o que vai impregnar
todas as decisións ata completar as listas electorais xa que “nós non temos que
improvisar candidaturas, non temos que resolver liortas e non temos que buscar
enfrontamentos entre as distintas liñas ou sensibilidades do partido”.
Na mesma liña insistiu en que os populares teñen un
proxecto sólido, completo e coherente e, por iso, tamén deben presentar unhas
listas “sólidas, coherentes e para todos”.
Do mesmo xeito, precisou que eles teñen moi claro que
o secundario é estar ou non estar nunha candidatura xa que o prioritario é ter
un proxecto para desenvolver nos próximos catro anos e poñerse ao servizo de
Galicia.
Nese senso, manifestou que todos os partidos deberían
deixar de mirarse o embigo para mirar á nosa comunidade. Así, afirmou que os
populares saben que non é xustificable andar en liortas e en procesos de
desunión ou bloqueo que só interesan aos que buscan un posto nunha candidatura.
Asemade, Feijóo engadiu que o seu obxectivo é que a
nosa comunidade avance, asegurado que non van andar nin en pelexas internas nin
en pelexas cos demais partidos “porque iso Galicia non o necesita”.
O dirixente tamén quixo agradecer a todos os membros
do PPdeG que saben que por Galicia o prioritario é ter un proxecto político que
sirva aos galegos.
E é que tal e como dixo, todos os membros da
candidatura teñen moi claro que a súa obriga é ofrecer máis que os demais, que
as siglas dun partido teñen que transcender ao proxecto de Galicia e que as
listas deben ser un punto de encontro que ofreza á nosa comunidade unidade e
entendemento.
Así mesmo, admitiu que tamén buscará o voto dos
cidadáns que non están de acordo en cómo se está plantexando a política por
parte dos partidos aos que confiaron o seu voto en anteriores citas electorais
e dos que poidan ter unha ideoloxía parcialmente distinta da ideoloxía
principal dos votantes do PP. A eles dirixiuse apuntando que lles van ofrecer
un “goberno estable, das maiorías e no que se sintan cómodos”.
O presidente tamén asegurou que o que presentan para
todos os cidadáns é un punto de encontro entre diferentes xeracións, entre
distintos ámbitos como o urbano e o rural e un punto de encontro dentro
da riqueza de pensamentos diferentes así como ante os líos, divisións e
rupturas que hai no abano político galego.
“Cremos que hai cabida para unha maioría ampla de
familias galegas porque, ao final, todos os galegos buscamos os mesmos
obxectivos: benestar para os cidadáns e progreso para o país que queremos”,
sentenciou.
Parabens a todos e moi especialmente á cabeza de lista por Ourense, Marisol Díaz Mouteira.
Recibirá resposta
Recibirá resposta