Asisto hoxe a un encontro municipal en Maceda, con alcaldes e presidentes locais e provinciais do PP de G procedentes de tódolos recunchos da comunidade.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóoo reivindicou un partido unido ao pobo, fronte aos que só se miran a si mesmos e se enfrontan entre eles.
Ao pe do castelo, Manuel Baltar advertiu que logo do 25 de setembro haberá que empezar a traballar para as eleccións municipais do 2019, co obxectivo de recuperar aqueles concellos onde agora o PP lidera a oposición “pero tamén recuperar as deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra e manter a de Ourense”.
O presidente provincial falou do municipalismo dende a perspectiva das administracións provinciais, “as máis próximas aos concellos”, poñendo como exemplo o traballo que se está a facer dende a Deputación de Ourense “facendo as cousas con planificación, cunha carta de servizos, con crecentes cotas de transparencia e coa anticipación necesaria para aprobar, neste mes de setembro, os presupostos do 2017”.
Agora, dixo Baltar, “está en xogo Galicia, seguir facendo Galicia, que é o que nos une a todos, e para iso temos un equipo moi importante e o mellor candidato á Xunta, cos que acadaremos o reto de alcanzar unha nova maioría absoluta”.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóoo reivindicou un partido unido ao pobo, fronte aos que só se miran a si mesmos e se enfrontan entre eles.
Do mesmo xeito, fixo fincapé en que hai moito en común en cada un das galegas e os galegos e iso está no programa do partido e hai algo tamén que de distintos xeitos soa ao unísono en Galicia e iso é “en Galicia si”.
Segundo recalcou Feijóo citando o lema de campaña da formación, “en Galicia si” hai sentimento, entendemento, responsabilidade, estabilidade e progreso. De feito, lembrou que mentres noutros lugares de España uns din “no es no”, en Galicia “si é si”, que é o que din os galegos con feitos.
Así, fixo fincapé en que mentres en España hai unha situación que non serve nin como exemplo nin modelo, non hai avance ante o bloqueo, “en Galicia si”. Do mesmo xeito que mentres noutras comunidades e concellos onde hai pactos multipartitos non hai estabilidade e mentres na oposición non hai alternativa, Feijóo subliñou que “en Galicia si”.
Neste senso, o presidente do PPdeG sinalou que en Galicia crecemos e baixa o paro, ata cando sube na maioría das comunidades, como reflicten os últimos datos; en Galicia páganse menos impostos; apóiase ás familias máis que en ningures a través de axudas directas á conciliación, como prazas públicas de gardería e bonos coidado; á comunidade chegan investimentos do naval, da automoción, da aeronáutica, do lácteo; e en Galicia cúmprese coas obrigas contables e invístese máis que en ningún outro lugar.
Do mesmo xeito, incidiu en que nesta comunidade constrúense novas infraestruturas sanitarias públicas; conxélanse ano a ano as taxas e conta coa universidade máis accesible, coas taxas máis baixas e becas e axudas para os alumnos con dificultades económicas. “En Galicia avanzamos, non nos freamos, non nos poñemos nin vetos nin bloqueos”, asegurou, sinalando que “todo iso acádao Galicia porque as galegas e os galegos cada día din si”.
Salientou ante os alí presentes que o partido débese aos cidadáns por riba de calquera outra cousa, mesmo das siglas. E por iso, e porque buscan o mellor para a sociedade galega, “todos somos parte dun mesmo proxecto”, sentenciou.
Por tanto, fronte ao lío doutros partidos con menos historia, menos militantes, menos dirixentes, que están enfrontados e divididos e que, nalgúns casos, só se atopan en cidades ou lugares concretos; o PPdeG ten implantación en cada recuncho de Galicia, ten historia e está unido porque ten un proxecto, un deber, un amor e unha motivación: Galicia.
Feijóo asegurou que tanto el como a formación que dirixe queren que Galicia sexa a terra da unidade, da estabilidade e da responsabilidade e que siga en mans dos galegos.
A Galicia que coopera, que mira cada adiante, que non se pon obstáculos, que avanza e que construímos xuntos desde cada concello e fogar “esa é a Galicia á que aspiramos cada un dos que estamos aquí” e “esa é a Galicia á que aspira a grande maioría das galegas e os galegos”, asegurou o líder do PPdeG.
Como asegurou o candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, el preséntase por unha paixón, Galicia, e por unha misión, servir ao seu pobo. Por tanto, non se presenta de novo para andar en liortas internas, nin para volver a gañar a outros partidos, xa que para el é máis importante o que pode ofrecer ao seu país os catro anos seguintes das eleccións. “Xa sei que insultan, cada día, e máis que o farán, pero que esa é unha política tan cativa para Galicia que paso.... Galicia precisa e merece moito máis”, destacou.
Segundo Feijóo, os populares teñen por diante algo máis de vinte días para falar con cada un dos galegos e para escoitar os seus “si” e que eses “si” se reflictan nas urnas o próximo 25 de setembro.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta