Atendo esta mañá desde o Congreso unha entrevista radiofónica que me fai a xornalista de Radio Voz, Antía Díaz Leal para facer balance do debate de onte.
Mostrei a miña preocupación e mágoa pola conclusión dun debate que debería ter finalizdo coa investidura como presidente de Goberno de quen gañou con claridade as eleccións.
Lamentei a incalificable actitude de bloqueo dun partido socialista que se esqueceu de que é un partido que tivo responsabilidades de goberno no Estado, que as ten en varias Comunidades Autónomas, e en mitos concellos e que sabe moi ben a importancia da xestión dos asuntos xerais.
Puxen en valor o acordo do PP, UPN, Foro Asturias Cidadáns e Coalición Canaria, apoiado por 170 escanos, que debería ser - despois dunha repetición de eleccións - argumento máis que suficiente para que a investidura non fose bloqueada.
Unhas eleccións nas que o PP incrementou a súa diferenza co PSOE, chegando a 2,5 millóns de votos máis e na que pasamos de 33 a 52 escanos máis.
Mostrei esperanza en que o Partido Socialista - que non plantexa outra alternativa - rectifique e abstéñase. Non lle pedimos que se some ao acordo, pero que polo menos non o bloquee. Dixen que queremos pactar co PSOE temas de Estado como educación, emprego, pensións, enerxía, igualdade dos españois no sistema autonómico, reforma institucional e loita contra a violencia de xénero.
Falei da urxencia en consolidar a recuperación económica e continuar a creación de emprego, cumprir os nosos compromisos coas institucións europeas ou que presentemos os Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017.
Finalmente dixen que debemos escoitar aos cidadáns que detestan a posibilidade de que celebremos eleccións tras elecciones ata que se produzca
un resultado que lle guste ao señor Sánchez, porque eso sería inxusto para os españois, porque as
comenencias dos españois están por enriba de das suas propias.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta