A
xornada electoral de onte foi especialmente intensa na provincia de Ourense.
Participei en Celanova, nun xantar mitin onde máis de 200 persoas ecoitaron ao alcalde desta vila, José Luis Ferro, ao candidato Antonio Mouriño, ao presidente provincial Manuel Baltar e ao presidente do PPdeG e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Manuel Baltar
insistiu na necesidade de obter unha maioría suficiente para, a partir do día
26, poder continuar co proxecto de goberno iniciado hai oito anos, complicados
ata o 2012 pola falta de recursos pero que grazas á xestión popular xa comezaron
a dar os seu froitos.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo un goberno resolutivo que non cree problemas de bloqueos e divisións. “Este pobo non precisa de salvadores, senón de servidores que estean ao seu carón, que crean nel, que estean ao que teñen que estar e que se dediquen ao que teñen que facer, que é gobernar”, afirmou.
Feijóo concretou que a súa proposta para o día despois das eleccións galegas é que “Galicia non quede atascada como está España nestes momentos; que haxa días nos que o país avanza; que conservemos o bo que temos, como a unidade, a estabilidade e a responsabilidade, para acadar o que aínda non obtivemos; e que o Goberno non poña atrancos, senón que apoie a todos os galegos”.

Neste
sentido, salientou que “xuntos acadamos que Galicia pasara de decrecer a
crecer; pasamos de destruír emprego a crealo; conseguimos estar á cabeza do
cumprimento das obrigas de déficit e ao tempo á cabeza do investimento de todas
as comunidades en España; renovamos a sanidade pública non só con novas
instalacións, senón tamén con nova tecnoloxía para un mellor servizo; ou
ampliamos as prazas públicas de residencias e centros de día”.
“Quero un pobo unido e pido o voto dunha maioría que quere estabilidade, responsabilidade e moderación, porque o que quero é estar co meu pobo e so quero deberme a quen teño que deberme: Galicia”, apuntou.
Na súa intervención, Feijóo sinalou que “Galicia ten eleccións porque tocan, porque aquí houbo un goberno que durante catro anos cumpriu co seu deber e houbo a estabilidade que non hai na maior parte de España e unha lexislatura como debería ter sido a de España”. Deste xeito, apuntou que a partir do 25 de setembro, “se os galegos queren, Galicia continuará con normalidade, estabilidade e avanzando; non estará en funcións nin un minuto; e terá un goberno cumprindo co seu deber, sen bloqueos, vetos, parálises e demoras”.
Deste xeito, pediu a todos os galegos que o 25 de setembro “vaiamos a votar porque, por máis que nos produza cansanzo unha nova campaña electoral, temos a enerxía de crer neste país, de dicir que somos unha excepción para ben, de que sabemos que é importante para a xente que queremos e porque é importante para o que nos une a todos: Galicia”.
O Presidente do PPdeG asegurou que “non estaría aquí se non tivera feitos para apoiar o que me comprometo a facer no futuro”, porque “podo presentar un balance que non é froito dun traballo individual, senón do esforzo colectivo de Galicia que logrou mellorar a situación; e teño un proxecto no que se pode reflectir a maioría das galegas e galegos e a experiencia de que cumpro os meus compromisos”.

Ademais,
engadiu que “non estaría aquí se tivera que deberme a alguén do meu partido que
me puxo de candidato antes que deberme a todos os galegos; se tivera que andar
perdendo o tempo en líos do partido en lugar de estar atendendo ao pobo ao que
me debo; ou se non puidera dicir que podo facer ao día seguinte das eleccións”.
“Non estaría aquí se tivera que pedir o voto sen saber e sen poder nin querer dicir en que goberno acabaría esa confianza que pido”, concretou Feijóo, quen afirmou que “pido o voto para o goberno dunha gran maioría, para a unidade, a estabilidade e responsabilidade; para un pacto coas galegas e os galegos; e para servir a Galicia”.
A última hora da tarde viaxei a Toén e asisín a un mitín no que falou en primeiro lugar o alcalde Amancio Cid, a conselelira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, a candidata número un de Ourense Marisol Díaz Mouteira e o presidente provincial Manuel Baltar.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta