viernes, 30 de septiembre de 2016

Comeza en México a 16ª edición de Termatalia: Feira Internacional de Turismo Termal, de Saúde e Benestar

Recibimos a boa noticia de que onte abriu as súas portas na Universidade Autónoma de Coahuila, "Termatalia México, Feira Internacional de Turismo Termal, de Saúde e Benestar"

Unha feira organizada por Expourense que se confirma así como o único recinto feiral español que organiza as súas propias feiras no estranxeiro.

Fíxoo baixo o lema "Naturalmente Saudable". Trátase da terceira edición de Termatalia en América Latina, despois de celebrarse en 2012 en Perú e en 2014 en Arxentina. 

A 16ª edición de Termatalia reúne en Coahuila a máis de 200 expositores procedentes de 30 países de Europa e América Latina fundamentalmente. Uns datos que se complementan cos 73 relatores que participan nas xornadas profesionais, máis de 30 operadores de turismo internacionais especializados en turismo de saúde e unha trintena de medios de comunicación especializados. 

Durante esta primeira xornada celebrouse tamén a primeira parte da Bolsa de Contratación Turística que reuniu a máis de 30 turoperadores de Europa e América, que están a desenvolver unha axenda de traballo cos destinos de turismo de saúde e benestar que participan en Termatalia, e moi especialmente de México, Coahuila, e Galicia.

Estou convencido do éxito seguro desta Feira para impulsar o mercado estratéxico do Turismo Termal e de Benestar a nivel mundial.

Parabéns a Alejandro Rubín e todo o seu equipo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta