lunes, 5 de septiembre de 2016

Comezan obras de rehabilitación do firme en diversos tramos urbanos das estradas estatais na cidade de Ourense e nos seus principais accesos

Inicia hoxe o Ministerio de Fomento unhas obras de rehabilitación do firme en diversos tramos urbanos das estradas estatais na cidade de Ourense e nos seus principais accesos, situados nos termos municipais de Ourense, Coles e San Cibrao das Viñas. O orzamento de adxudicación das actuacións ascende a 716.909 euros. 

Actuarase nas seguintes estradas: 

- N-525 entre os quilómetros 241 ao 246 e 229 ao 233. 

- N-120 desde o quilómetro 569 ao 570 e desde o 566 ao 568. 

- N-544, onde enlazan a N-120 e N-525. 

- N-120a desde o quilómetro 101 ao 104. 

O obxectivo desta actuación é a rehabilitación do firme, a sinalización e o balizamento destes tramos. Ademais na N-525 en Coles desenvolveranse distintas medidas de seguridade viaria no tramo de máis elevada accidentalidade, reforzando a sinalización horizontal e vertical. Así mesmo, se repintarán as marcas viarias dos tramos afectados.

Durante a execución das obras non se interromperá o tráfico, canalizándose o mesmo, segundo a localización dos traballos, da forma máis cómoda para os usuarios.

Estamos sen dúbida ante unhas moi boa noticia posto que o firme en todos estes tramos de estradas está moi necesitado de rehabilitación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta