A campaña do PP de G, onte máis que nunca
ten lugar nas rúas e nas prazas e por iso onte todo o noso equipo concentróu a súa
actividade en dar a coñecer as nosas propostas
aos cidadáns.
En Ourense cidade, fixemos moitos esta
tarefa na carpa instalada na rúa do Paseo.
A última hora da tarde acudo ao barrio
da Mariñamansa, na Cuña para asistir a un acto electoral presentado por Jorge Pumar, presidente
dese Distrito, e no que interveu o candidato Miguel Santalices, especialmente das políticas de sanidade pública que foron e son unha gran preocupación do goberno do PP.
Nese mitín falou o conselleiro José
Manuel Rey Varela, afirmando que nestes anos
o impacto da crise en moitas familias,
especialmente nas que contan con máis obrigas familiares ou sufriron as
consecuencias da perda do seu emprego, esixiunos a todos un esforzo solidario. E
que por iso as políticas sociais foron ás que dedicamos desde o PP un maior
esforzo orzamentario a pesar das restricións orzamentarias.
Dixo que hoxe, as familias con
dificultades teñen máis ferramentas e instrumentos de apoio que as que existían
no 2009: incrementamos nun 47% os cartos dedicados á inclusión social,
reformando a lei en función do acordado nos pactos sociais; puxemos en marcha
programas específicos para que ningunha familia quedase sen fogar, e para
evitar os cortes de luz por impago; e somos unha das tres comunidades autónomas
que mantén un complemento ás pensións non contributivas. Apoiamos á infancia,
con maiores deducións fiscais para as familias con fillos; e en Galicia hai
hoxe máis prazas públicas en garderías das que nunca houbo, un 75% máis que en
2009. Nese ano, pese a contar con moitos máis recursos, en Galicia eran
atendidos 14.000 dependentes; mentres que hoxe, con menos recursos, o son preto
de 50.000. E incrementamos nun 32% as prazas públicas en residencias, centros
de día e centros especializados para os nosos maiores. Como consecuencia, e por
dar un só e significativo dato, Galicia é unha das únicas catro comunidades autónomas
que reduciu a taxa de pobreza desde o ano 2009, e a cifra fica ben por baixo da
media estatal.
Pero, despois e falar destes avances,
engadiu que sabemos que non abonda. Que hai que continuar reforzando as
políticas sociais, para restablecer a igualdade de oportunidades e de acceso
aos servizos fundamentais que a crise deteriorou.
-Seguir traballando para impulsar a
natalidade, apoiar o coidado dos fillos e mellorar a conciliación familiar e
laboral, reforzando as axudas directas ás familias como bases para que Galicia
siga sendo a Comunidade onde maiores facilidades teñan as familias para ser
pais e nais.
- Favorecer a inclusións social poñendo
en marcha medidas dirixidas á recuperación do nivel de vida anterior á crise; e
servizos que atendan en primeiro lugar ás rendas máis baixas, pero tamén ás
clases medias, excluídas xeralmente dos programas da administración.
- Seguir completando os servizos de dependencia.
Porque o noso obxectivo é dar máis cobertura e de maior calidade a un número
superior de galegos e galegas. O firme compromiso do Partido Popular de Galicia
tradúcese nunha aposta decidida por mellorar a calidade de vida daqueles que
teñen limitada a súa autonomía persoal.
Pechou o mitín o alcalde Jesús Vázquez, falando do proxecto de
execución para Centro Interxeracional en terreos achegados polo Concello de
Ourense que financiará íntegramente a Fundación Amancio Ortega que será un
centro pioneiro, que albergará nun mesmo contorno unha escola infantil, que
estará integrada dentro da Rede de Escolas Infantís de Galicia, e un centro
para persoas maiores para a promoción da autonomía persoal e a prevención da
dependencia.
Uns equipamentos, que serán de
titularidade da administración autonómica, e, polo tanto, terán carácter
público, e que será un lugar inclusivo, de intercambio, no que nenos e maiores
interactúan e aprenden uns doutros en encontros que lles ensinan a entenderse e
a respectarse.
Tamen valorou o esforzo da Xunta no
apoio mediante horas de atención para axuda no fogar, o a próxima construcción
no Concello dun centro para personas con discapacidade e unha nova residencia
para persoas maiores.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta