Hoxen tiven que deixar a campaña electoral para viaxar
a Madrid e asistir a unha xuntanza de traballo no Ministerio de Fomento. Mañá
xa estaré de volta en Ourense.
Onte pola tarde asistí en Cartelle a un gran mitín
eminentemente rural onde moitos vecinos desde fermoso Concello escoitaron as
mensaxes do PP.
Abríu o mitín o primeiro teniente alcalde, Jaime Sousa
que tivo palabras de agradecemento para todos eles que elección tras elección
apoian as listas popularres. Logo foi o turno da alcaldesa e senadora, Carmen
Leyte, que puxo en valor o apoio da xunta as políticas de desenvolvemento no
conxunto do territorio.
Marisol Díaz, a cabeza de lista da candidatura ourensá, centrou a súa
mensaxe na mocidade, sinalando que as propostas do candidato popular á Xunta
“non son simple letra impresa nun programa; son un paso máis para ofrecer unha
Galicia e un Ourense de oportunidades ás novas xeracións”. Os próximos pasos,
engadiu, son o resultado de programas como a formación dual, da contención das
taxas universitarias, as máis baixas de España, dos incentivos á contratación
dos mozos ou dos beneficios fiscais para os emprendedores.
O presidente provincial do Partido Popular, Manuel
Baltar, subliñou o compromiso adquirido pola formación popular cos mozos, “onde
o retorno do talento e a empregabilidade é unha prioridade para garantir o
futuro de Ourense”. E destacou que só un goberno estable como o que
presidirá Alberto Núñez Feijóo, “será quen de avanzar nas políticas activas de
emprego, sobre todo logo de desenvolver nestes anos un proxecto destinado aos
mozos como colectivo único e prioritario
E pechou o mitíin o secretario xeral do PP de G, Miguel Tellado. Lembrou
que “algún partidos din que nunca se equivocaron. E é verdade. Pero porque
nunca fixeron nada” Tamén pedíu para Feojóo o voto dos moderados de C,s e do PSOE.
Hoxe nun acto público celebrado en Betanzos, Mariano Rajoy apelou á fortaleza da formación nunha comunidade como a galega onde o PP gañou todos os comicios de calquera tipo en democracia. Agora, preséntase ás eleccións autonómicas con "unha excelente xestión; un candidato de calidade, o mellor sen ningún xénero de dúbidas, como é Alberto Núñez Feijóo; e temos un programa, un conxunto de ideas e medidas para afrontar o futuro que é o que lle importa á xente.
"Do mesmo xeito que en España, Mariano Rajoy apuntou que o PP concorre aos comicios autonómicos con "un candidato que representa á Galicia moderada, tépeda, realista". "O proxecto está claro e é coñecido: queremos unha Galicia dinámica, aberta e non encerrada, emprendedora; cada vez máis integrada en España e en Europa, porque aí é onde hai liberdade, dereitos individuais e progreso económico e social", ao mesmo tempo que se respectan os valores da Constitución Española.
" Non estamos para perder moito máis tempo", lembrou o presidente en funcións antes de insistir na importancia de demostrar a forza do PP en Galicia, un partido " que se caracterizou ao longo da historia por dar todas as batallas": "Aquí imos gañar e pídovos a vós que saquedes a bandeira do PP en todos os pobos, aldeas e lugares de Galicia".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta