Onte, no ecuador da
campaña electoral para as eleccións autonómicas do 25-S, o Partido Popular
desenvolveu unha das súas axendas electorais máis intensas coa celebración de nada
menos que ata oito actos, ademais de contar coa presenza do presidente do PPdeG
e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de Castela e León,
Juan Vicente Herrera, que participaron nos mítines de Verín e Xinzo de Limia.
Neste día estiven no Posío, primeiro na carpa cos nosos militantes repartindo
propaganda electoral para acudir logo ao xardín onde tivemos un mitín ao aire libre.
Nel participou o candidato Miguel Santalices, portavoz do PPdeG no Parlamento e coordinador
do programa electoral popular, Pedro Puy. Presentou o acto Jorge Pumar, presidente
dese Distrito e pechou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
Ao rematar viaxei ata Xinzo da Limia, para asistir ao gran mitín onde
inteveu o preisednete de NNXX de Ourense, alcalde desta vila, a primeira
candidadta, Marisol Díaz, o presidente provincial Manuel Baltar, o presidente
de Castela e León e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.
Juan Vicente Herrera, referíndose a Feijóo
dixo que o candidato do PPdeG
á reelección, Alberto Núñez Feijóo, en "o mellor presidente
autonómico", "un patriota" que garantiu os servizos públicos en
oito anos de xestión e en "un dos mellores" dentro do seu partido.
"É un luxo, un privilexio".
Resaltou a valía de
Feijóo, "un político con sensatez, experiencia, centralidade, capacidade
de diálogo e de traballo". "O voto indispensable en Galicia é para
Feijóo", afirmou, quen remarcando
que se el fose galego, que "non" o é porque "ninguén é
perfecto", non dubidaría en apoiar ao líder do PPdeG. "Non tería
ningunha dúbida", subliñou, convencido de que os galegos actuarán con
"responsabilidade" e "sentido común" outorgándolle
"unha maioría estable".
Alberto Núñez
Feijóo, afirmou que o PP necesita "gañar un referendo, a metade máis
un" para gobernar e, pediu a quen votou a Cidadáns (C's) que lle outorguen
a súa confianza nas urnas o 25 de setembro, do mesmo xeito que aos descontentos
do PSOE.
E engadiu “queremos
gobernar para todos e a inmensa maioría dos galegos non ten siglas”.
Pero de todas as
súas frases quedo con esta “Eu non veño presumir do que fixen, senón a dar as
grazas por saír adiante entre todos”.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta