No fermosísimo marco do Parque Municipal de O Carballiño
participei nuun xantar-mitín presentado por Agrimiro Marnotes.
Manuel Baltar, fixo
unha chamada á mobilización dos ourensáns ata o último momento, “para que o
domingo pola noite teñamos un presidente elixido pola inmensa maioría dos
galegos e non froito dun acordo contra eles”.
“Dende o minuto uno
dixemos con toda claridade cal era o noso obxectivo: contribuír á terceira
maioría absoluta de Alberto Núñez Feijóo para completar o labor de goberno
iniciado no 2009”, engadiu o presidente provincial, que nesta liña apelou ao voto
moderado, cunha mención expresa aos 13.000 votantes de Ciudadanos nas eleccións
de xuño, afirmando que “no Partido Popular temos espazo para todos”.
Baltar
salientou a campaña dos populares ourensáns, “na que falamos de Ourense, de
Galicia, de realidades e feitos, dun proxecto e, sobre todo, do “si”
fronte ao “non” e de futuro fronte a unha visión apocalíptica da nosa terra”.
Unha campaña en positivo, dixo, cunha candidatura na que aportamos a
experiencia na xestión do diñeiro público e perfectamente identificada coa idea
de Ourense”.
E o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, solicitou
votar si o vindeiro domingo ao que une á gran maioría dos galegos:
estabilidade, moderación, responsabilidade, respecto, convivencia
institucional, capacidade de resolución de problemas, benestar das familias e
progreso para Galicia.
Amosouse
convencido de que hai moitos galegos que se senten máis próximos ao que propón
que ao que promoven ou favorecen os dirixentes dos partidos aos que votaron
noutras ocasións; que son máis próximos aos obxectivos comúns que propoñen os
populares que a un pacto coas Mareas de Podemos cos nacionalistas; e que son
máis próximos ao goberno que propoñen que a que os seus votos volvan quedarse
fóra do Parlamento e beneficien ao contrario que defenden.
Insistiu en que que
gobernará para todos buscando sempre o que nos une. “Unha gran maioría dos
galegos queren que se cree emprego e se melloren as condicións laborais; queren
un país que actúe con responsabilidade e siga crecendo; queren servizos
públicos sostibles e mellores; queren que se apoie ás familias, que se axude ás
nais e pais na obriga máis importante da súa vida que e coidar un fillo; queren
máis axudas para emprender; e queren estabilidade e seguir avanzando” A esa gran maioría pediulles que vaian votar o
domingo e el responderá traballando desde o mesmo luns.
Rematou diciendo: " Galicia non ten porqué imitar o que funcional mal. Votemos Sí á estabilidade"
Conlue a campaña
electoral en Ourense, na que se celebraron máis de 300 actos por todas as
comarcas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta