domingo, 18 de septiembre de 2016

Eleccións 25-S: as enquisas non son votos na urna, e polo tanto seguimos traballando na procura dunha maioría estable

Toda a prensa escrita de Galicia e nacional inclúe este domingo enquisas e sondeos de opinión que revelan – con diferentes números - que o PP de G obtería novamente unha ampla maioría nas vinderas eleccións do 25-S.

Non vou negar que me satisfacen esos prognósticos, pero ao mesmo tempo considero que a única realidade tanxible é que neste momento, ningún partido ten un solo voto na urna, e que pola tanto non hai ninguna garantía de maioría estable para o PP de Galicia.

Polo tanto o noso traballo continúa cunha intensa campaña chea de paseos, reunións, mítines, en definitiva de acercamento a xente tanto no rural como na cidade. Trátase de que acudan as urnas o próximo domingo e por suposto que apoien o proxecto que lidera Alberto Núñez Feijóo.

Onte mesmo estiven en varios actos, en concreto na cidade de Ourense, que remataron pola mañá participando no xantar no Campo da Feira e pola tarde na parroquia de Cudeiro noutro encontro con simpatizantes e no que estivo presente o alcalde Jesús Vázquez e a conselleira do medio rural Ánxeles Vázquez.

E nesta mañá, despois de estar co alcalde no barrio de O Couto,  estiven na parroquia ourensá de Santa Cruz de Arrabaldo, reunidos nunha terraza cun grupo de simpatizantes e militantes e acompañando aos concelleiros Pepe Araujo e Sofía Godoy e á presidenta deste distrito, María Antonia Rilo.

A miña mensaxe política evita calquuera clase de descualificación ao adversario; centránose en facer balance da nosa xestión, propoñer e ser construtivo. 

Alonxado do triunfalismo e da crítica sen alternativa; que consiste en bloquear, poñer obstáculos, vetos e liñas vermellas.

Como dicía Feijóo onte,  “temos moito por avanzar e por conquistar: temos que seguir crecendo e facelo con máis intensidade; creando aínda máis emprego; apoiando ás mulleres e homes que teñen fillos; respaldando ás familias; batendo marcas de creación de prazas públicas de gardería; aumentando o número de prazas de residencias e centros de día; modernizando instalacións, tecnoloxía e servizos da sanidade pública; sumando quilómetros de infraestruturas de máis prestacións para estar mellor conectados; impulsando sectores como a pesca ou o naval para acadar obxectivos como no naval ou a automoción; e baixando ou eliminando impostos, como fixemos co IRPF, os impostos no rural ou as herdanzas, que xa non pagan o 99 por cento dos galegos”.

En definitiva transmitir a mensaxe de que creemos nas nosas posibilidades e dicirlle á xente que queremos o que é importante para cada un de nós e para o que nos une a todos: Galicia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta