Recibimos esta mañá en Ourense a visita do vicesecretario xeral de Comunicación do Partido Popular, Pablo Casado, ao que recibimos na carpa informativa instalado na céntrica rúa do Paseo.
Alí foi recibido por membros da candidatura; o secretario xeral do PP de OU Rosendo Fernández e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, entre outros.
Neste lugar atendeu aos moitos medios de comunicación alí presentes poñendo en valor en que en Galicia o "voto útil" é votar ao PP e pedindo aos galegos que apoien a xestión de Alberto Núñez Feijóo.
Para Casado Alberto Núñez Feijóo é "un referente a nivel nacional porque "
aúna unha persoa con principios e as cousas claras coa xestión", fronte á importancia que se lle está dando na actualidade para comunicar ideas "aínda que non se poidan realizar".
aúna unha persoa con principios e as cousas claras coa xestión", fronte á importancia que se lle está dando na actualidade para comunicar ideas "aínda que non se poidan realizar".
Casado, se referiu aos moitos avances de Galicia en infraestruturas, industria, políticas sociais e economía, e tamén a moderación e o galeguismo de Alberto Núñez Feijóo.
Fixo mención ao pasado debate entre os cinco candidatos con máis posibilidades a gobernar a Xunta que cualificou como un "todos contra Feijóo".
E ante a expectativa de que pactarían o que fixese falta con tal de apear ao PP de Galicia aínda que gañe, que xa o dan por feito".
E ante a expectativa de que pactarían o que fixese falta con tal de apear ao PP de Galicia aínda que gañe, que xa o dan por feito".
Casado insistiu na necesidade do "voto útil" para evitar que o resultado electoral "quede nun proxecto errado" e para que "sigan deixando gobernar a quen sabe facelo e leva Galicia no seu corazón".
Sobre as enquisas dixo que "o único que fan" é dar máis "responsabilidade" ao
seu partido, pero tamén "máis ambición e ilusión para ter máis votos". Con todo, lembrou que "a única enquisa válida é o día que se contan os votos" e alertou aos seus militantes e votantes de que "non hai que confiarse".
Terminou aludindo a unhas declaracións do expresidente da Xunta Manuel Fraga, durante a súa última campaña electoral, na que se referiu ao resto de partidos que concorrían con esta frase "nada máis nada, máis nada, segue sendo nada" e afirmou que esta mesma situación "está a pasar nestas eleccións".
Rematadas estas declaracións, fixemos un amplo paseo polas rúas de Ourense, comprobando a enorme popularidade deste político, que tan ben comunica e que tanta presencia ten nos medios de comunicación televisivos, transmitindo a mensaxe do Partido Popular.
Un home dotado dunha gran simpatía e que pese a súa xuventude atesora unha notable formación e gran experiencia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta