martes, 13 de septiembre de 2016

Eleccións 25-S: vitoria clara de Feijóo no debate da TVG

Desde o meu despacho no Congreso dos Deputados seguín onte pola TVG o debate dos cinco candidatos dos principais partidos que concorren ás eleccións galegas do 25-S, Alberto Núñez Feijóo (PPdeG), Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG), Ana Pontón (BNG), Luís Villares (En Marea) e Cristina Losada (Cidadáns).

Un debate estruturado en torno a cinco bloques.

No primeiro adicado a economía e emprego Alberto Núñez Feijóo acreditou con datos incontestables a mellora da nosa economía. Aludiu aos datos do paro de Galicia que son positivos. "Hai 193.045 parados, é innegable que son demasiados. Hai mellores perspectivas. Cada día créanse 14 empresas en Galicia".

No referido aos sectores produtivos Feijóo defendeuse dos ataques do resto de candidatos. "Para falar de política económica hai que ter un mínimo de rigor". Sobre a actividade industrial dixo: "Pemex acaba de recoller o barco en Vigo e en Navantia. Temos traballo en Citroen ata o ano 2026. Nós temos un orzamento e sabemos o que queremos facer".

No bloque de benestar, Alberto Núñez lembrou que hai un 70% centro sanitarios máis que cando chegou e que as taxas universitarias galegas son das máis baixas de España. Por alusións, Feijóo asegurou que Galicia foi unha das comunidades que máis investiu en tratamento para a hepatite C.

No tocante a rexeneración democrática Feijóo lembroulles a Pontón e Leiceaga a mala xestión do bipartito: "as caixas estaban quebradas". Sobre corrupción, Feijóo dixo que o único que ten publicadas as súas declaracións da renda e animou o resto de candidatos a falar de pactos postelectorais.

Sobre o modelo institucional Alberto Núñez asegurou que "nós somos donos da nosa Facenda e sen autonomía financeira non hai autonomía política". "Eu tamén quero a transferencia da AP-9 e por iso discutín co meu goberno". "Nós somos galegos e en consecuencia tamén somos españois". "Queremos un goberno á galega, un goberno da xente que vote libremente o 25-S".

A miña impresión foi que Feijóo gañou claramente un debate difícil, que Ciudadanos é unha opción residual en Galicia. E que a única alternativa ao tripartito formado polo PSdeG, EN Marea e o BNG carece de solidez.

Tralo debate de onte, os cidadáns teñen máis información para decidir libremente.


O PPdeG é o único partido capaz de gobernar con estabilidade, responsabilidade e unidade. Mentres o resto non saben nin como pactarán, nós centrámonos en representar á maioría de galegas e galegos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta