Continuamos onte coa campaña electoral. Asistín a un
mitín na cidade de Ourense, en concreto no local da asociación vecinal “As Burgas”, xusto
fornte as termas.
Neste acto interveu en primeiro lugar a nosa candidata
Cristina Fernández que desde a experiencia parlamentaria falou da importancia dun goberno estable e responsable.
En segundo lugar falou o conselleiro de Facenda, Valeriano
Martínez que destacou o liderazgo de Feijóo, que recibiu unha Galicia endedebada
e en recesión e que na actualidade está crecendo cunha previsión para 2016 de elevarase ata o
3%. E unhas previsións sobre o emprego, que
contemplan que Galicia acabe o ano cunha taxa de desemprego do 17,4%.
Salientou
que Galicia é un exemplo de solvencia e de crecemento, un espello no que se miran o resto de comunidades
autónomas. Dixo que entre o camiño doado de gastar por riba do que podíamos e o
de equilibrar os nosos gastos aos nosos ingresos, eliximos o camiño máis
difícil, o camiño de gastar mellor.
Engadiu
que Galicia debe consolidar nos vindeiros anos un modelo propio de crecemento
san baseado no fortalecemento do gasto social e do esforzo investidor, no
cumprimento dos obxectivos de estabilidade –mantendo o control do déficit e
reducindo a débeda- e na axilidade nos pagamentos aos provedores, nun contexto de crecemento económico sostido e de estabilidade política e institucional.
Conclui afirmando que o gran reto é que
a recuperación económica sexa compartida de maneira completa por toda a
cidadanía e que teña efectos directos sobre o emprego e o benestar, así como
sobre a evolución das nosas empresas.
Logo foi o turno do alcalde de Ourense Jesús Vázquez,
que anteriormente estivo seis anos no executivo de Feijóo, ocupando
responsabilidades en materia de educación e cultura. Destacou do candidato do
PP de G, a súa capacidade de traballo e o nivel de esixencia e de adicación para resolver sos problemas dos
cidadáns. Un xestor que foi capaz de mellorar os servizos públicos nus
complexos anos nos que os recursos económicos diminuiron por mor da crise.
Puso como exemplo o traballo realizado no eido da educación dende que os populares entraron na Xunta en 2009 deu os seus froitos. A conxelación das taxas universitarias foi unha constante nos últimos cinco anos, algo que converteu a Galicia na comunidade coa universidade máis accesible. De feito, hai comunidades que case triplican os prezos das matrículas en comparación coas taxas galegas.
Ademais, a aposta tamén se extendeu ao ámbito da formación profesional, cuxo aumento de estudantes medrou significativamente nos últimos anos. Sinalou tamén que se mantivo o número de profesores independentemente que baixara o número de alumnos para garantir igualmente a calidade da educación. Así, a comunidade conseguiu reducir un 34% o taxa de abandono escolar, que pasou dun 25,8% en 2009 a un 17 en 2015.
Así mesmo, o último informe PISA amosa que, no tocante á calidade, os estudantes galegos están por riba da media española. A todo falou do apoio que desde o Goberno galego se deu aos estudantes a ás súas familias a través das becas, das axudas aos libros de texto, do abono de material escolar, do número de novas prazas e do aumento de centros que están en construción, ampliación ou remodelación grazas á aposta pola mellora das infraestruturas educativas.
Finalmente agradeceu a Feijóo e os seus conselleiros, o compromiso amosado coa cidade de Ourense tanto en investimentos como en aportacións sociais.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta