Está mañá o noso secretario xeral,
Miguel Tellado presentou o lema de campaña, que será “En Galicia si”
Explicou que con el quérese salientar
que o voto á candidatura de Feijóo é o único capaz de evitar os bloqueos, vetos
e liñas vermellas que predominan na política nacional: “En Galicia si queremos
ter un goberno forte, porque sabemos que a estabilidade política é un factor
fundamental para ter resultados positivos para o noso país”, resumiu Tellado.
Tellado
exemplificou que en Galicia si levamos once trimestres consecutivos de
crecemento porque en si temos un goberno unido cun Plan Estratéxico definido ou
que na nosa comunidade si se están reformando a metade dos centros de ensino
público este verán porque si houbo fondos adicionais por cumprir cos obxectivos
de déficit.
Así
mesmo, salientou que en Galicia tamén se puido baixar o IRPF e suprimir o
imposto de sucesións ao 99% dos contribuíntes porque “en Galicia si hai un
goberno solvente que foi capaz de ser o que menos incrementou a débeda nestes
anos”, ademais de que aquí si temos as taxas universitarias máis baixas do
Estado e transporte interurbano gratuíto para a mocidade “porque en Galicia si
que crecemos con bases sólidas como os récords de exportacións ou de turistas”.
“Mentres en España segue o ‘no es no’, nós dicimos que ‘En Galicia si’”,
concluíu o secretario xeral do PPdeG, poñendo en valor que a cidadanía galega
coñece as vantaxes e os resultados de ter contado cun goberno estable durante
estes anos.
“En Galicia si temos na man asegurarnos un goberno responsable e evitar caer
nas mans de políticos irresponsables como ocorre no ámbito nacional”, destacou
Tellado.
O secretario xeral do PPdeG expuxo tamén o logotipo que acompañará a este lema,
un ‘Feijóo’ co mapa de Galicia substituíndo á primeira o do apelido do
candidato. “Un Feijóo co acento en Galicia”, sinalou Tellado, remarcando que
“contra o que algúns prognosticaban e mesmo desexaban” Feijóo puxo Galicia
primeiro e “segue en Galicia para evitar que caia nunha crise política” despois
de sacala da crise económica.
Parabens polo acertado lema de campaña do PP de G.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Parabens polo acertado lema de campaña do PP de G.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta