Destaco que hoxe foi
presentado no Consello da Xunta un informe segundo o cal a nosa comunidade
rexistrou 730.053 viaxeiros e 1.704.585 pernoitas no pasado mes de xullo,
superando nun 7,4% e nun 13,5%, respectivamente, as cifras de 2015 e acadando
máximos históricos neste primeiro mes do verán.
Resulta que os tres
grandes segmentos de mercado –interno, receptor nacional e internacional acadaron
neste pasado mes de xullo cifras históricas tanto de viaxeiros como de
pernoitas.
Destaca o crecemento do
turismo nacional que superou nun 15,4 % o nivel de pernoitas do pasado ano. É salientable
o crecemento do mercado madrileño –principal mercado emisor nacional- que
incrementou nun 30% os niveis de xullo de 2015.
Pola súa parte, o turismo
internacional rexistrou un incremento do 7,8%, neste caso. Destacan os
incrementos rexistrados polo turismo portugués – segmento que subiu un 30%- e o
turismo francés –que rexistrou unha suba do 20% neste caso-.
En termos de ocupación,
Galicia mellorou os niveis acadados en xullo do pasado ano, en máis de cinco
puntos porcentuais. É o cuarto ano consecutivo no que a nosa comunidade
rexistra un incremento neste inicio do verán.
Salienta a Xunta que o incremento
dos niveis de demanda e ocupación permitiu mellorar os niveis de rendibilidade
en relación ao mesmo período de 2015 subindo o RevPAR un 8,3%. Así mesmo, tendo
en conta as cifras de ocupación e as tarifas medias aplicadas nos hoteis e
pensións de Galicia, estímase que o ingreso total do sector do aloxamento – por
habitación dobre en réxime de AD- foi de 38,8 millóns de euros no mes de xullo,
cifra que supera nun 11,5% o dato do pasado ano.
Deste xeito, en termos
absolutos o sector hoteleiro incrementou os seus ingresos en catro millóns de
euros en relación con xullo de 2015.
Desde o Clúster de Turismo
de Galicia realízase unha valoración cualitativa moi positiva da demanda
turística rexistrada no verán, destacan o salto de calidade e a mellora da
profesionalización da nosa comunidade como destino. Así mesmo, resaltan un
perfil de turistas máis exixente e de calidade e un incremento de estranxeiros,
tanto nas provincias de interior como, especialmente, no litoral.
Por outra
parte, o sector destaca a importancia de grandes eventos como La Vuelta, os
festivais musicais ou O Marisquiño, entre outros, como dinamizadores directos
da demanda turística no verán e escaparates excepcionais para a promoción
internacional do destino.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta