miércoles, 14 de septiembre de 2016

Juncker: "O populismo, o desemprego e a inxustiza social están entre os grandes retos da UE

Hoxé estamos en campaña en Galicia, pero hay que adicar tempo ao seguimento as principais novas da xornada. Entre elas teño tempo para leer as principais manifestacións do Presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker que pronunciou hoxe nun  discurso sobre o estado da UE ante o Parlamento Europeo en Estrasburgo.

Presentou as súas prioridades para o próximo ano: "Creo que estes próximos doce meses serán decisivos se queremos arranxar a nosa Unión. Europa é como unha corda composta de múltiples fíos, que só funciona cando todos tiramos na mesma dirección: as institucións da UE, os gobernos nacionais e os parlamentos nacionais, xuntos. E temos que demostrar unha vez máis que é posible nun número de áreas nas que a necesidade de solucións comúns é maior. Propoño un programa positivo de acción europea concreta, para lograr nos próximos doce meses "

O presidente Juncker, pediu un novo sentido de urxencia e a unidade cando a UE responde as necesidades dos cidadáns." Debemos construír unha Europa mellor: unha Europa que protexe, preserva o noso modo de vida europeo, que de o poder e defenda aos nosos cidadáns dentro e fóra ".

Asegurou que o Brexit, a saída do Reino Unido da UE decidida en referendo, non ameaza a existencia da mesma.

"Respectamos aínda que tamén lamentamos a decisión británica, pero isto non ameaza á UE". Con todo,advertiu a Londres que non pode haber liberdade de tránsito "á carta" dentro das fronteiras comunitarias.

Outros retos aos que Europa debe facer fronte, segundo Juncker, son a ratificación do acordo global contra o cambio climático, novos tratados comerciais con terceiros países como o alcanzado con Canadá, a protección de datos, a loita contra a evasión fiscal, avanzar na unión de capital, o acceso a internet de alta velocidade e investimento propulsor do emprego. Juncker anunciou a duplicación do Fondo europeo de investimentos estratéxicos (EFSI).

Sobre a crise de refuxiados, o presidente da Comisión valorou a solidariedade mostrada ata agora, "pero fai falta moito máis". Propuxo crear un corpo europeo de voluntarios e un novo plan de investimento en África. No ámbito da loita contra o terrorismo, Juncker insistiu na importancia de incrementar o intercambio de información entre as forzas de seguridade nacionais e apostou por reforzar Europol. Tamén anunciou unha proposta para un Fondo europeo de defensa.


O presidente da Comisión lamentou que a integración europea é aínda débil pero a continuación quixo tranquilizar aos euroescépticos. "Nós non queremos máis Europa senón unha Europa mellor. Europa non se está convertendo nun estado xigantesco, non queremos ser un estado unitario", asegurou.

Neste importante debate interveu o Portavoz do PP no Parlamento Europeo, Esteban González Pons, que alertou da falta de solidariedade entre os estados membros da UE e lembrou que "solidariedade é que todos os países cumpran o seu compromiso co déficit e o seu compromiso orzamentario, pero tamén é solidariedade que uns socios non busquen sancionar a outros".

"Sen solidariedade non hai Europa, aínda que haxa institucións europeas", asegurou.

" Solidariedade é a vacina contra os intereses nacionalistas, solidariedade é o que aprendemos da guerra, solidariedade é un modo de vida europeo, pero tamén un modo de vida europeo que gocen todos os cidadáns por igual e non uns máis e outros menos ", continuou González Pons.

O líder do PP no Parlamento Europeo -que apoiou o discurso do Presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker durante este importante debate- engadiu que " solidariedade é que o sur entenda que Putin é unha ameaza, pero solidariedade tamén é que o leste comprenda que a inmigración masiva é un problema común. Solidariedade é que o mercado único signifique unha economía única e non 28 economías. Solidariedade é un para vinte e sete e vinte e sete para un".

González Pons lembrou que "Europa está peor que hai un ano polos atentados en Francia, en Alemaña, en Bélxica; polo Bréxit; polas mafias que seguen elixindo que refuxiados son os que pasan; e porque crece o populismo, crece o desemprego, crece o escepticismo e crece a sensación de que o sistema non funciona".

Con todo, González Pons asegurou que "Europa é o único futuro posible para os europeos".

Finalmente asegurou en relación coa redución do déficit público para cumprir os obxectivos europeos, que "España non debe ser sancionada pero debe cumprir os seus compromisos".

E dixo: "Como todos os países da Unión, España ten que cumprir os seus compromisos, xa que se somos unha economía única temos que comportarnos con lealdade os uns cos outros. Non creo que España deba ser sancionada pero si creo que España debe estar á altura e non faltar ao que comprometeu cos seus socios. Ter palabra é de ser un bo socio, e España o é".

Interesantes e sensatas palabras de González Pons. Se quere visualizar esta intervención pode premer neste enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=JN50aVPkEHs

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta