Saliento como unha extraordinaria noticia que hoxe o presidente do
Goberno galego en funcións Alberto Núñez Feijóo, constatou na rolda de prensa
do Consello que Galicia volveu cumprir no 2015 o obxectivo de déficit e segue a
ser unha comunidade solvente en España, “que cumpre, paga e inviste”.
Información que chega logo
de que a Consellería de Facenda presentase este mañá a Conta Xeral
correspondente ao pasado exercicio 2015, e que será remitida con carácter
inmediato ao Consello de Contas e ao Parlamento.
“Un ano máis axustámonos aos parámetros fixados polo Consello de
Política Fiscal e Financeira, e pechamos cun déficit de 0,68 %. É dicir, por
debaixo do 0,7% fixado como máximo para o conxunto das comunidades, e un punto
por debaixo da media das autonomías, que foi do 1,67%”, precisou, salientando
que Galicia é tamén a segunda comunidade cun menor déficit público acumulado
nos últimos catro anos: un 4,1%, fronte á media do conxunto das autonomías, que
se sitúa nun 6,9%.
Así mesmo, Feijóo aseverou que esta responsabilidade se mantivo
ademais este ano: “Somos a cuarta autonomía con mellor resultado nos primeiros
sete meses deste 2016”, dixo, cun superávit do 0,19%, fronte ao déficit do
0,07% da media autonómica.
Grazas ao compromiso de non gastar máis do que se ten, Galicia é
a comunidade na que menos medrou o volume de débeda desde 2008, o que lle
permite aforrar cada ano uns 85 millóns de euros en xuros. E é tamén a que
logrou en 2015 un maior aforro bruto; un indicador que amosa a diferenza entre
os ingresos correntes e os gastos correntes, e que cando é positivo permite
dedicar máis fondos ao investimento (Galicia foi en 2015 a comunidade con máis
esforzo inversor).
Durante a súa intervención, o titular do Goberno galego en
funcións subliñou a importancia de ter conseguido este obxectivo un exercicio
máis, xa que segundo explicou supón lograr tres cousas fundamentais: que
Galicia cumpre e achega unhas contas que se axustan aos criterios de déficit
desde o ano 2009 e de xeito ininterrompido; “e significa, tamén, que blindamos
o noso autogoberno e, polo tanto, mantivemos a autonomía financeira durante a
recesión económica todos os anos”.
Como terceiro punto, Feijóo resaltou que, froito da solvencia, a
Xunta mantense entre as administracións autonómicas que está a pagar con máis
axilidade aos seus provedores.
E, hoxe, segundo datos do pasado mes de xuño, a Administración autonómica galega está a pagar no contorno medio de 17,2 días; isto é, case un mes antes que o conxunto de España, que está a pagar nunha media de 46,5 días.
O responsable do Executivo galego en funcións concluíu facendo fincapé en que todo isto se conseguiu cumprindo o déficit público e investindo máis con cargo a presuposto autonómico que o resto das comunidades. “A Conta Xeral de 2015 reflicte que é posible cumprir o gasto público rebaixando os impostos e contando con máis servizos públicos. Reflicte por tanto que Galicia cumpre, paga, inviste e segue mellorando os servizos públicos”, abundou.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta