Viaxo esta mañá a Santiago de Compostela para asistir ao
Comité de Dirección do PPdeG, no que o presidente, Alberto Núñez Feijóo, fixo un primeiro balance do resultado electoral.
Asegurou que “o sentidiño nos permitiu sempre orientarnos e orientar ao noso pobo en momentos de dificultades”, remarcando que, a partir de hoxe, esta mensaxe debería ser entendida polos responsables do bloqueo da política española.
Con rotundidade afirmóu que
onte “ningún galego foi derrotado, toda Galicia gañou. ë a nosa casa e nela caben todos”, engadindo que será
presidente de todos galegos.
De igual xeito, dirixiuse
aos responsables da oposición para trasladarlles o seu interese de acertar nas decisións xa
que ese é o obxectivo de Galicia. “Galicia precisa de todos, esta é a nosa casa
e na casa cabemos todos”, dixo.
Nese senso, recalcou que
a nosa comunidade dixo si ao seu futuro e, por iso, “hoxe o futuro só depende
de nós”. Nesta liña, afirmou que Galicia vai a ter un goberno estable, un
activo desde o punto de vista social e económico, de moderación, acción e da
palabra. “Galicia volve outra vez acreditar que non é nunca un problema para
España senón que pode ser unha solución”, manifestou.
Igualmente, salientou que
todos os galegos mandaron unha mensaxe de que a nosa comunidade “siga camiñando,
transformándose, avanzando e se poñan en valor os froitos que se foron
sementando en épocas de vacas fracas”.
Nese sentido, indicou que
durante estes anos Galicia quixo estabilidade, xestión e decisións; así como
ter unha economía máis forte e con máis crecemento, que é base do emprego no
que, á súa vez, se basean os servizos públicos e sociais.
Tras agradecer o
excepcional comportamento de todo o seu partido, recordou que lograr o acadado
onte era moi difícil como consecuencia da situación política actual, a
volatilidade política, a dispersión do voto e a configuración de novos
partidos; entre o que destacou a Ciudadanos, que se posicionaba no mesmo
espectro ideolóxico de centro reformista e que supoñía unha profunda disección
do voto que dificultaba a maioría estable.
Deste modo, destacaba que
os populares tiveron éxito porque non se trataba de siglas ou partidos, senón
de estabilidade ou inestabilidade; de goberno ou dunha subasta dos cargos da
Xunta; e dunha política económica ou un programa orfo de plantexamento
económico solvente.
Rematado o Comité, tivemos a oportunidade de felicitar a Feijóo, que non dubidou en facerse unha foto, entre outros cos candidatos electos pola provincia de Ourense, a mellor de todas en apoio o PP de G.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta