Vivimos estes días moi preocupantes acontecementos
políticos, por unha banda a enorme crise interna do partido socialista e un
novo capítulo na longa serie de ameazas secesionistas protagonizado polo
presidente da Generalitat de Cataluña.
Non é de estrañar que unha maioría de españois
miren ao Partido Popular en busca de
certezas e seguridade.
Acábano de facer o pasado domingo en Galicia coa ampla maioría outorgada a Alberto Núñez Feijóo.
Acábano de facer o pasado domingo en Galicia coa ampla maioría outorgada a Alberto Núñez Feijóo.
E miran tamén a
Mariano Rajoy por representar a moderación, a confianza e a estabilidade.
Mírannos porque aplicamos políticas que crean empregos,
que contribúen decididamente ao desenvolvemento económico e social, e que fan
de España un país mellor. Mírannos coa tranquilidade de saber que a nosa
convivencia en democracia prevalecerá sobre as ameazas que hoxe pesan sobre ela
mentres goberne o Partido Popular.
Mentres noutros lugares a inestabilidade era a norma, o presidente do Goberno en funcións,
Mariano Rajoy, presidía onte na Moncloa, a reunión da Comisión Delegada do
Goberno para Asuntos Económicos, estudou solucións a varios asuntos urxentes da
economía española nun contexto de nove meses de Goberno en funcións.
Tratábase de realizar accións e propostas de política
económica, dentro da limitada capacidade do Executivo, que eviten que o actual
bloqueo institucional prexudique a axentes e sectores económicos.
Así, onte se ha procedeu á repartición do Fondo de
Liquidez Autonómico do catro trimestre de 2016 para o pago de vencimientos de
débeda das Comunidades Autónomas e do déficit público das mesmas. Con esta
decisión poderanse mellorar os tempos de cobro dos provedores destas
Administracións.
Tamén nos informan que
está Comisión estudou os cambios normativos necesarios para adaptar a
senda de déficit público das distintas Administracións á nova senda acordada
coa Unión Europea e ao cumprimento dos compromisos para a redución do déficit acordados con Bruxelas.
Estes cambios normativos están a ser consensuados co conxunto de Grupos
Parlamentarios dada a súa importancia e a necesidade da súa pronta aprobación.
Igualmente, aprobáronse diversas actuacións en apoio
das empresas exportadoras e en especial a ampliación da liña de fianza para
Pemes en proceso de internacionalización. Esta liña creouse en 2012 en plena
crise de débeda da zona euro e acreditou o seu éxito no apoio a investimentos e
exportacións de Pemes, polo que vai ter máis recursos e maior capacidade de
actuación.
Esperemos que pronto termine o bloqueo político imposto sobre o noso país, que ameaza a nosa recuperación económica.
Esperemos que pronto termine o bloqueo político imposto sobre o noso país, que ameaza a nosa recuperación económica.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta