Hoxe o Ministerio
de Emprego e Seguridade Social informa que a afiliación media á Seguridade
Social alcanzou 17.712.021 ocupados en setembro, o que supón unha subida
mensual de 12.025 persoas. O aumento da afiliación en setembro é o segundo
mellor da serie (12.182 en 2014) desde 2006. A este bo resultado da afiliación
contribúe a evolución mensual do dato desestacionalizado (44.796) que rexistra
a mellor ocupación media dos últimos 10 anos (57.381 en 2006).
O Réxime Xeral
aumentou en 13.924 persoas (0,10%), ata alcanzar os 14.450.629 ocupados. A
afiliación incrementouse sobre todo en Educación, con 61.555 ocupados máis
(9,82%), Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, 17.812 (1,49%) e
Industria Manufactureira, 12.035 (0,71%). En sentido contrario destacan
Hostalería, con -43.256; Comercio, -29.026; Actividades Sanitarias e Servizos
Sociais, -19.604 e Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento, con
-9.478.
En canto ao Sistema
Especial Agrario experimentou un aumento de 28.689 afiliados (3,99%), contando
na actualidade con 747.696 afiliados medios.
Pola súa banda, o Sistema Especial do
Empregados do Fogar rexistrou 1.904 persoas menos (-0,45%), e suma 424.230
ocupados.
O Réxime de
Autónomos conta con 3.191.839 persoas, tras sumar 142. O Réxime Especial do Mar
baixou en 1.970 (-2,87%), co que o total se sitúa en 66.725. Finalmente, o
Carbón descendeu en 70 afiliados (-2,42%).
A cifra de afiliados á Seguridade Social
incrementouse na Comunidad de Madrid, que sumou 37.369 afiliados (1,31%);
Castela-A Mancha, con 14.169 ocupados máis (2,16%); Canarias, 9.802 (1,35%);
Cataluña, 3.738 (0,12%), País Vasco, 2.944 (0,33%), Navarra, 1.240 (0,47%), A
Rioxa, 1.229 (1,02%) e Melilla, 269 (1,24%).
En termos
interanuais, setembro pechou con 522.206 afiliados medios máis, un 3,04%, taxa
que xunto á de setembro de 2015 (3,17%) é a maior desde 2006. O aumento
rexistrado débese en gran parte ao bo comportamento do Réxime Xeral que suma
424.230 traballadores. A súa taxa anual de crecemento alcanza o 3,5%. No Réxime
Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa anual avanzou un
0,84%, o que se traduciu nun aumento de 26.443 persoas. O Réxime do Mar
aumentou un 4,31% (2.760) e o Carbón rexistrou un descenso de 939 persoas
(-24,93%). En relación ao ano pasado a ocupación creceu en todas as Comunidades
Autónomas. Destacan Cataluña, con 119.282 afiliados máis (3,90%); Comunidade de
Madrid, con 88.840 (3,17%); Andalucía, con 75.964 (2,77%) e Comunidade
Valenciana, con 64.852 (3,97%).
GALICIA
A afiliación media
á Seguridade Social alcanzou 972.887 ocupados en setembro, o que supón un
descenso mensual de 6.218 persoas.
O Réxime Xeral conta con 734.727 persoas (deles 6.432 no Sistema Especial Agrario e 27.317 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con 216.772 persoas. O do Mar conta con 21.388 persoas.
O Réxime Xeral conta con 734.727 persoas (deles 6.432 no Sistema Especial Agrario e 27.317 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con 216.772 persoas. O do Mar conta con 21.388 persoas.
En termos
interanuais, setembro pechou con 15.415 afiliados medios máis, un 1,61 % sendo xa 30 as subidas consecutivas,
desde abril de 2014.
OURENSE
A afiliación media
á Seguridade Social alcanzou 101.917 ocupados en setembro, o que supón un
descenso mensual de 26 persoas.
O Réxime Xeral conta con 76.425 persoas (deles 564 no Sistema Especial Agrario e 3.329 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con 25.492 persoas.
En termos
interanuais, setembro pechou con 524 afiliados medios máis, un 0,52 %.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta