O pasado 11 de marzo daba conta nunha entrada deste
blog, que neses días estaba rematando a colocación en estradas da provincia,
tanto de titularidade estatal como autonómica da nova sinalización turística
das vilas termais en Galicia,
de conformidade coa metodoloxía para a implantación de novos sinais e de acordo
co sistema de sinalización turística homologado na nosa Comunidade Autónoma.
Unha sinalización que se deriva do acordo para a
ampliación do catálogo do SISTHO subscrito o 9 de setembro de 2013 entre a
Secretaria de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda do Ministerio de
Fomento e a Secretaria de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Enerxía
e Turismo.
Un tema que ocupou a miña actividade
parlamentaria na X Lexislatura cando o 25 de setembro de 2013 na Comisión
de Fomento do Congreso defendía unha Proposición non de Lei do Grupo Popular
relativa a mellora da sinalización turística nas estradas do Estado, con expresa referencia a necesidade de sinalizar as nosas Vilas Termais e balnearios.
Hoxe o moi eficaz e dinámico alcalde de Cenlle,
Gabriel Alén infórmame que esta mesma semana foron instaladas dúas novas sinais
anunciando a cercanía da Vila Termal de Laias-Cenlle.
Unha está situado na autovía das Rías Baixas A-52 e outra na estrada nacional 120.
Estamos ante unha decisión moi acertada pois
esta Vila Termal ten en Laias, un dos máis importantes balnerarios de Galicia,
pertencente á cadea Caldaria.
E nas proximidades do pobo de
Barbantes-Estación, na marxe do río Miño merece a pena coñecer a área Termal e
de lecer que conta cun recinto de uso gratuíto formado por unha ampla zona axardinada
onde poder tomar o sol, descansar ou simplemente contemplar a paisaxe e 3 pozas
ou piscinas de auga termal.
Celebro moito estas actuacións que estou seguro
axudaran a dirixir a un maior número de visitantes a esta fermosa Vila Termal
de Laias-Cenlle.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta