Nunha
entrada desde blog do 5 de setembro daba contra de que nesa data o Ministerio
de Fomento iniciaba unhas obras de rehabilitación
do firme en diversos tramos urbanos das estradas estatais na cidade de Ourense e nos
seus principais accesos, situados nos
termos municipais de Ourense, Coles e San Cibrao das Viñas.
O orzamento de
adxudicación das citadas actuacións ascende a 716.909 euros. A empresa adxudicataria é Señalizaciones Villar S.A.
O sábado pola tardiña, fun no meu
coche a ver como avanzan estas obras na estrada N-525 entre os quilómetros 241
ao 246 entre Coles e Ourense.
Neste momento está executada a
rehabilitación do firme. E ademáis desenvolveranse distintas medidas de
seguridade viaria neste tramo que é o de máis elevada accidentalidade da provincia,
reforzando a sinalización horizontal e vertical. Así mesmo, se repintarán as
marcas viarias.
Recibirá resposta