domingo, 9 de octubre de 2016

Coa Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense

Asisto onte, cumprindo unha tradición de máis de vinte e cinco anos, ao xantar de confraternidade da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE).

Foi fundada en 1977, por un grupo de 50 empresarios do sector "Venda e reparación de Vehículos e Bicicletas" Naceu así a primeira agrupación empresarial da provincia de Ourense inscrita no Rexistro de Asociacións Profesionais e Empresariais.

Hoxe ATAVE conta con preto de 500 empresas do sector, que constitúen máis do 80% do total do sector.

Don Luís Aragonés Fernández foi o seu presidente fundador e onte mesmo foi reelixido novamente presidente Manuel Álvarez Gil.

Goza do respecto, o agarimo e a consideración de todos os asociados que ven nel a entrega desinteresada ao colectivo e os seus desvelos por mellorar a súa formación e o recoñecemento social. E o seu papel nas relacións institucionais é dificilmente superable. As miñas efusivas felicitacións.

Destacar o labor de ATAVE na loita contra a competencia desleal, e a incorporación das empresas ás novas tecnoloxías da información.

Todo o meu recoñecemento aos empresarios deste sector que tanto contribúen ao emprego e ao crecemento económico da nosa provincia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta