viernes, 14 de octubre de 2016

Avanzando na cooperación entre as comunidades de Galicia, Castela e León e Madrid

Da actualidade política de hoxe valoro a reunión mantida en Valladolid polo vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, co vicepresidente da Junta de Castela e León, José Antonio de Santiago-Juárez, e co Conselleiro da Presidencia e Xustiza da Comunidade de Madrid, Ángel Garrido.
Galicia, Castela-León e Madrid están a impulsar un eixe de colaboración común para mellorar a cooperación entre estas tres comunidades e con iso os servizos públicos que se lle prestan aos cidadáns.
Con este obxectivo nesta xuntanza consensuaron os puntos básicos dun documento que incluirá medidas de cooperación e que será asinado polos presidentes das tres comunidades na segunda quincena de xaneiro en Madrid.
O impulso das actuacións pendentes da conexión por AVE entre Galicia, Castela-León e Madrid, o financiamento autonómico, o problema demográfico ou a potenciación do Camiño de Santiago son algúns dos asuntos contidos neste documento que supón o inicio dunha colaboración entre territorios con intereses comúns. 

Salientar que a colaboración institucional entre Galicia e Castela León é intensa en diferentes eidos: Economía e Industria, cun papel importante do sector da automoción; Universidades e Investigación, a prol dun espazo de excelencia dentro do Espazo Europeo de Ensino Superior; Emprego, no que atinxe en especial á mobilidade dos traballadores; Cultura e Turismo, con especial fincapé no rico patrimonio románico atlántico da macro rexión e Medio ambiente ( defensa contra o lume) e producción agropecuaria. Ademáis da intensa cooperación transfronteiriza entre España e Portugal, xa que a Xunta, a Junta e a Rexión Norte de Portugal forman a macro rexión Resoe.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta