Primeiro na Santa Misa na Catedral de Ourense para honrar a sus patroa, a Virxe do Pilar e logo no acuartelamento de Santa Mariña.
A conmemoración da Festa Nacional ten como finalidade lembrar solemnemente momentos da historia colectiva que forman parte do patrimonio histórico, cultural e social común, asumido como tal pola gran maioría dos cidadáns. Segundo recolle a Lei 18/1987, do 7 de outubro, que establece o día da Festa Nacional de España no 12 de outubro, simboliza a efeméride histórica na que España, a piques de concluír un proceso de construción do Estado a partir da nosa pluralidade cultural e política, e a integración dos Reinos de España nunha mesma Monarquía, inicia un período de proxección lingüística e cultural máis aló dos límites europeos.
Neste día paga a pena sentirmos orgullosos de ser españois e lembrar que somos unha historia de éxito.
Un proxecto aberto, plural e moderno, que afunde as súas raíces nunha longa historia compartida e que ten a súa plasmación no progreso económico e social da nosa nación.
Que os datos falen por nós:
* En 1978, o PIB de España era 150.000 millóns de euros. Hoxe, somos a cuarta economía de a zona euro cun PIB de máis dun billón de euros. Somos o terceiro pais do mundo que máis aumentou a súa riqueza nacional desde 1980. Ese año, a renda per cápita dos españois era de 4.200 euros, hoxe é de 23.200 euros. Somos o cuarto pais exportador da UE e o que máis crecerá en 2016 entre as economías avanzadas do mundo.
* A finais de 1979, en España traballaban pouco mais de 12 millóns de persoas. En setembro de 2016, había 17,7 millóns de afiliados á Seguridade Social. A taxa de actividade da muller en 1978 era o 25%, hoxe é o 53%. A inflación en 1980 era do 13,4%. Ao peche de 2015, do 0 %.
* En 1978, España recibía 40 millóns de turistas estranxeiros. En 2015, 68 millóns. Contamos co sector turístico máis competitivo do mundo. Somos o terceiro País máis visitado do planeta e o terceiro con máis bens incluídos na lista de patrimonio mundial da UNESCO. Somos o primeiro Pais emisor e receptor de estudantes de Erasmus.
* En 1978, España tenía menos de 1.000 quilómetros de estradas de alta capacidade, hoxe ten 17.000. En 1978, en España non existía alta velocidade ferroviaria, hoxe temos máis de 3.200 quilómetros, segundo país do mundo. En 1975, pasaron polos aeroportos españois 37 millóns de viaxeiros, o último ano, 207 millóns.
* O gasto social en España supera o 63% do gasto público. O noso sistema sanitario é público, gratuíto e universal. A porcentaxe de gasto sanitario hoxe é 4 puntos máis sobre PIB que cando se aprobou a nosa Constitución. Contamos cun dos mellores sistemas pu?blicos de pensións. E ademáis somos líderes mundiais de transplantes, o cal di moito da nosa sociedade, valores e solidariedade.
* O castelán é a segunda máis falada e máis estudada do mundo. A taxa da escolarización desde os 3 anos de idade está prácticamente no 100%. Hai mais de 1,5 millóns de estudantes universitarios, e o gasto publico en relación ao PIB. Somos unhas das dez mellores potencias científicas do mundo. Tres das nosas escolas de negocios se sitúan no top 10 internacional. Estamos entre os trinta países máis innovadores do mundo.
* O 40% das concesións de transporte do mundo constrúenas ou xestionan empresas españoas. Somos o primeiro produtor mundial de enerxias renovables e o segundo fabricante de automóviles de Europa. Son españois o maior grupo do mundo de distribución téxtil, o primeiro operador de telecomunicacións europeo, e o maior banco que opera en Latinoamerica.
Recibirá resposta
Recibirá resposta